Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(627/2001). Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 627/2001, por instancia de Andrés Álvarez Ameijeiras contra Repoblaciones Baldayo, S.L. e outros sobre invalidez, nos que recaeu sentencia con data 14 de abril de 2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que desestimando a demanda formulada por Andrés Álvarez Ameijeiras, absolvo desta as demandadas Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Empresa e Repoblaciones Baldayo, S.L. confirmando en tódolos seus extremos a resolución recorrida.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente perante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Maderas y Repoblaciones Baldayo, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado