Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (45/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Hago saber: que nos autos número 45/2003 seguidos por instancia de Argentina Prieto González contra Mundo Novias, S.L., sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 11 de abril de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Argentina Prieto González, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 832,94 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno á empresa Mundo Novias, S.L. a que, aceptando por tal declaración, lle aboe á demandante a cantidade de 832,94 euros en concepto de paga extra de xullo de 2002 máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu devengo.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non pode presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que lle sirva de notificación a Mundo Novias, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. das Camelias, 48, baixo, 36211 Vigo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 9 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado