Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.595

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (381/2002).

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2003.

María Fe López Juiz, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dictou esta sentencia no xuízo de faltas 381/2002, no que é parte denunciante María Amparo Fernández Reboredo e parte demandada Manuel Novejil Castro, e intervindo o Ministerio Fiscal.

Sentencia.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Estas actuacións incoáronse en virtude de denuncia verbal presentada o 18 de xuño de 2002. Tras citación das partes para xuízo, este celebrouse o 28 de xaneiro de 2003, co resultado que consta na acta.

Segundo.-No acto da vista as partes non compareceron a pesar de estaren citadas en forma con tódalas garantías legais, non formulando acusación o Ministerio Fiscal.

Feitos probados.

Único.-Que con data do 18 de xuño de 2002, a denunciante presente denuncia de maltrato físico por parte do seu home, Manuel Novejil Castro, feitos estes que non quedaron acreditados no acto de xuízo oral.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Procede dictar unha sentencia absolutoria ó non se mante-lo principio acusatorio.

Segundo a doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (Sentencia do 18 de abril de 1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar dependen de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerzan a acción penal, posto que só neste caso o xuíz poderá dictar sentencia condenatoria, quedado en caso de falta de acusación, vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto a este caso, ó non soster acusación, ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso procede facer uso da facultade establecida no artigo 644 da LAC. nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-De conformidade co establecido nos e 240 da LAC. procede declara-las custas de oficio.

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Novejil Castro da falta que se lle imputa.

En canto ás custas procesuais, este aterase ó disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

Maxistrada-xuíza

Rubricado