Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2003, da División de Farmacia e Productos Sanitarios, pola que se determina o procedemento para a formalización da homologación sanitaria de receitas oficiais.

O Decreto 244/2003, do 24 de abril, de homologación sanitaria de receitas oficiais para a prestación farmacéutica, regula o proceso a través do cal se verifican, con carácter previo á súa dispensación, as prescricións en receita oficial de determinados medicamentos, productos sanitarios e dietoterápicos complexos, incluídos na prestación farmacéutica e complementaria do Sistema Nacional de Saúde, co obxecto de valida-lo cumprimento dos requisitos establecidos para a súa prescrición, de acordo coas indicacións terapéuticas establecidas na autorización de comercialización, coas súas fichas técnicas e cos demais requisitos de prescrición, ó abeiro da normativa vixente na materia.

No seu artigo 5, o antedito Decreto 244/2003 establece que a homologación sanitaria de receitas será levada a cabo por persoal sanitario facultativo farmacéutico, que dispoña de autorización expresa da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde, pertencente ós centros asistenciais de atención primaria e ós servicios de farmacia dos centros de atención especializada do Ser

gas e daqueles centros ou organismos con concerto específico para a prescrición da prestación farmacéutica co Sergas, que dispoñan de Servicio de Farmacia.

Así mesmo, o punto 3 deste artigo regula que, co obxecto de levar a cabo unha adecuada avaliación e seguimento do procedemento de homologación sanitaria de receitas oficiais, a División de Farmacia e Productos Sanitarios facilitaralle ó persoal autorizado un sistema de información, como ferramenta de apoio á xestión.

No artigo 7, punto 2º, do antedito decreto regúlase que a homologación sanitaria de receitas se formalizará facendo consta-los seguintes datos: a identificación do farmacéutico homologador e a súa sinatura, data de homologación, número de envases autorizados e os demais datos que, por resolución da División de Farmacia e Productos Sanitarios, se determinen.

Tendo en conta o anterior e co obxecto de determina-lo procedemento de formalización da homologación sanitaria de receitas, esta División de Farmacia e Productos Sanitarios, e de conformidade co artigo 22 do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se regula a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Primeiro.-Para a formalización da homologación sanitaria de receitas, o farmacéutico homologador,

tras comprobar que toda a documentación presentada cumpre cos requisitos esixidos para a homologación sanitaria, deberá cubri-los epígrafes recollidos na etiqueta normalizada de homologación sanitaria:

-Centro: código do centro homologador correspondente.

-Fco.: clave do farmacéutico que formaliza a homologación sanitaria.

-Env.: número de envases do medicamento ou producto prescrito.

-Data: data na que se formaliza a homologación sanitaria.

-Nº: número de homologación sanitaria emitido polo sistema de información.

Segundo.-A etiqueta, con tódolos datos cubertos, deberá adherirse á receita oficial, dentro do epígrafe de advertencias para o farmacéutico/a.

Terceiro.-O farmacéutico que formaliza a homologación sanitaria asinará a receita oficial no mesmo epígrafe de advertencias para o farmacéutico/a, sen impedi-la lectura dos datos incluídos na etiqueta nin dos correspondentes ó código de barras identificativo da receita.

Cuarto.-A División de Farmacia e Productos Sanitarios realizará a edición e distribución das etiquetas de homologación sanitaria e as direccións dos centros ou xerencias ás que pertenzan os farmacéuticos autorizados para formaliza-la homologación terán ó seu cargo a súa custodia e distribución no seu ámbito de actuación.

Quinto.-As anteditas direccións ou xerencias deberán solicitarlle, por escrito, as etiquetas á División de Farmacia e Productos Sanitarios, co obxecto de garanti-la súa dispoñibilidade en cada centro de homologación.

Sexto.-Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2003.

Berta Cuña Estévez

Directora xeral da División de Farmacia

e Productos Sanitarios

ANEXO

Etiqueta de homologación sanitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA