Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.452

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003 pola que se convoca un curso de folla de cálculo para o pesoal ó servicio dos concellos de Galicia, na modalidade de teleformación.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2003, e a través do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de folla de cálculo para o persoal ó servicio dos concellos de Galicia, na modalidade de teleformación, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Introduci-lo usuario dun xeito rápido no manexo do programa Excel.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local, con coñecementos elementais de informática e acceso á Internet.

Terceira.-Requirimentos técnicos.

-PC con conexión á Internet.

-Conta de correo electrónico.

-Navegador da internet.

Cuarta.-Desenvolvemento.

1. Duración: 30 horas (25 de autoestudio con titorías telemáticas e 5 horas presenciais).

A realización do autoestudio complementarase coa existencia dun sistema de titoría telemática para que os alumnos poidan formular ó profesor tódalas dúbidas relacionadas coa materia do curso.

Sesións presenciais: realizaranse dúas sesións presenciais de 2 horas, a primeira ó comezo do curso co fin de explica-lo seguimento e a estructura deste e a segunda ó final para a realización da proba de avaliación para poder obte-lo diploma de aproveitamento.

2. Datas: xuño a setembro do ano 2003.

3. Prazas: 30.

Quinta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación mediante fax da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 20 de xuño de 2003.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es

Sexta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Procurarase que estea representado o maior número posible de concellos, con preferencia daqueles máis distantes das capitais de provincia.

Sétima.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificado de asistencia.

A EGAP fixará as probas que considere pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos. Ós participantes que superen os exercicios de avaliación outorgaráselles unha certificación de aproveitamento coa cualificación de apto.

Novena.-Contido.

Excel 2000.

-Posibilidades de Excel. Estructura do programa. Introducción de datos.

-Facer cálculos.

-Utilizar gráficos.

-Dar deseño a follas de cálculo.

-Traballar con bases de datos.

-Analizar datos.

-Personalizar Excel.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública