Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Martiño de Visantoña (Mesía, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Antonio Sánchez Quindimil contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Martiño de Visantoña (Mesía, A Coruña).

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Juan Silva Sanjurjo.

Domicilio: Visantoña-Mesía, 15689 (A Coruña).

Texto: «Estimar parcialmente o recurso de alzada interposto por Antonio Sánchez Quindimil (propietario nº 393) contra o acordo de concentración parcelaria de San Martiño de Visantoña (Mesía, A Coruña), no sentido de:

*Trazar un camiño duns 5 metros de largo, entre o predio 395 e os predios nº 393 e 394 do polígono 3, para poder acceder por parte do extremo norte ó predio nº 396 tal e como se reflicte no plano que se acompaña, producíndose as seguintes modificacións:

-O predio nº 396, do recorrente, Antonio Sánchez Quindimil (propietario 393), quedará cunha superficie de 66-65 áreas e un valor de 3.611,75 puntos.

-Os predios nº 393 e nº 394, de Juan Silva Sanjurjo (propietario 432), quedarán respectivamente, cunha superficie e valor de 45-35 áreas e 3.389,25 puntos e 2-60 áreas e 204,00 puntos.

-O predio nº 395, de Carmen Lago Sánchez, (propietaria nº 135), cunha superficie de 34-10 áreas e un valor de 2.466,50 puntos.

*Como consecuencia do anterior:

Varia-la configuración do predio nº 343 do polígono 3 e a configuración e localización das estremeiras nº 341 e 342 de modo que:

-O predio nº 342, de Antonio Sánchez Quindimil (propietario 393), quedará cunha superficie de 71-40 áreas e un valor de 2.199,00 puntos.

-O predio nº 343, de Vicente López Bermúdez (propietario 149), quedará cunha superficie de 37-85 áreas e un valor de 378,50 puntos.

-O predio nº 341, da relación de terras sobrantes pasará a figurar co nº 341-1 (tras subdividirse, ó resultar tamén afectada por outra resolución do recurso de alzada interposto polo propietario José Pedreira Recouso), quedando cunha superficie de 59-05 áreas e un valor de 595,50 puntos (con 0-25 áreas de M-4 e 58-80 de M-5).

*Dar traslado ó Servicio de Estructuras Rurais da Delegación Provincial da Coruña, da petición do recorrente relativa á habilitación dos accesos ós seus predios, para que na fase de acondicionamento dos reemprazos, sexan realizados aqueles traballos, no caso e aspectos, que o director técnico responsable da zona considere oportuno.

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».