Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 5 de maio de 2003 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG número 227) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Ventura Vidal Longa, cunha superficie de 500,50 metros cadrados.

Por Orde do 18 de outubro de 1976 (BOE número 234) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de José Otero Berride e Ramón Abelenda Baños, cunha superficie de 14.065 metros cadrados.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254) pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela nºNomeSuperficie m

164Angustia e Teresa Abuín López749

179Carmen Vilas Caamaño35

185Avelina Domínguez Raño27

237Josefa Torrado España142

238Josefa Encisa Insua170

332Juan González Alonso53

354Juan González Alonso54

368Josefa Encisa Insua69

420Carmen Teijeiro Ramos66

471Manuel Diz Bua224

488Constantino Silva Ramos90

492Constantino Silva Ramos48

499Constantino Silva Ramos554

500Rufino Maneiro Crespo17

554Flora e Oliva Franco Boullosa291

570Antonio Búa Ramos206

626Francisco Dios Rial387

651Juan González Alonso243

715Vicente Berride Teijeiro239

758Domingo Moledo Cancelo960

799Montserrat Abuín Pardo341

810José María Rodríguez Vicente306

831José María Rodríguez Vicente210

892José Maneiro Gómez24

2. Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG número 227) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Ventura Vidal Longa, cunha superficie de 500,50 metros cadrados.

Parcela nºNomeSuperficie m

Exp. 5449Ventura Vidal Longa500,50

3. Orde do 18 de outubro de 1976 (BOE número 234) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de José Otero Berride e Ramón Abelenda Baños, cunha superficie de 14.065 metros cadrados.

Parcela nºNomeSuperficie m

Exp. 9743José Otero Berride e Ramón

Abelenda Baños

14.065