O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 2 de maio de 2003, declara-lo proxecto L.A.T. 132 kV Sub. Penaloba-Sub. Tesouro, promovido pola empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.
Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia y nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,
RESOLVE:
Someter a información pública o proxecto L.A.T. 132 kV Sub. Penaloba-Sub. Tesouro, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2003, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e na Delegación Provincial da Coruña e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA
E DESENVOLVEMENTO RURAL