Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial L.A.T. 132 kV Sub. Punago-Sub. A Fonsagrada, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2003.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 2 de maio de 2003, declara-lo proxecto L.A.T. 132 kV Sub. Punago-Sub. A Fonsagrada, promovido pola empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia y nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto L.A.T. 132 kV Sub. Punago-Sub. A Fonsagrada, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2003, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e na Delegación Provincial de Lugo e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas