Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica Alberguería, S.A.

Domicilio social: r/ Martínez Padín, 4, 32004 Ourense.

Denominación: automatización subestación A Veiga.

Situación: A Veiga.

Descricións técnicas: liña subterránea a 15 kV, de 190 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV con orixe na L.M.T. A Xares e remata no C.T. existente en caseta Granitos Proveiga (antes Proinor) con 160 kVA R/T 15.000/380-220 V. Ampliación cun trafo ó C.T. existente subestación Veiga, que se compón de 2 trafos: un de 160 kVA máis outro de 315 kVA, R/T 15.000/380-220 V. Rede de baixa tensión aérea pista deportivo Seoane de 305 m derivada do C.T. Seoane. Rede de baixa tensión subterránea do C.T. subestación á Veiga, con 335 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense