Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2003 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico denominado Monte San Alberto (proxecto modificado número 1). (Expediente IN661A 00/3).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Frinsa Eólica, S.A. con CIF A-15707896, e enderezo para efectos de notificacións en Gandariñas-Saíñas-Palmeira, 15959 Ribeira-A Coruña, sobre declaración de utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Monte San Alberto (proxecto modificado nº 1); resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 29 de decembro de 2000, Ramiro Carregal Rey, en nome e representación de Frinsa Eólica, S.A. solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, e declaración de impacto ambiental do parque eólico denominado Monte San Alberto, de 15,60 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, sub

ministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 15-2-2001, publicada no DOG do 1 de marzo, no diario de La Voz de Galicia do 19 de abril, no BOP da Coruña do 3 de marzo de 2001 e no taboleiro de anuncios do concello de Ribeira (A Coruña).

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. O grupo ecoloxista Adega-Barbanza alega que o citado parque eólico vai afectar negativamente ós xácigos arqueolóxicos da zona, producir impacto paisaxístico negativo, afección á avifauna da zona e ruído nunha zona próxima ó núcleo urbano. Xuntan informe sobre a afección ó conxunto megalítico de Santo Alberte.

2. O grupo nacionalista do Concello de Ribeira alega que debido á proximidade á cidade increméntase a contaminación acústica e visual e que o estudio de impacto ambiental é incompleto. Solicitan a reubicación do parque.

3. A Asociación Cultural e Deportiva Pedra das Cabras alega que se produce un impacto irreversible no patrimonio, ademais do impacto acústico e visual e que o impacto socioeconómico é nulo.

4. Jaime García Leyra e outros 236 máis, alegan impacto visual e acústico e que o interese público da citada instalación é inexistente.

As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e contempladas na declaración de efectos ambientais do citado parque.

Terceiro.-O 10-4-2002 o promotor presenta solicitude de declaración de utilidade pública en concreto do parque eólico achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e

o Decreto 205/1995, de 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Por Resolución de 19 de abril desta consellería acordouse que continuase a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico.

Quinto.-O 3-5-2002 o promotor presenta modificado de parcelario de propietarios afectados polo citado parque.

Sexto.-O modificado do proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do sector eléctrico, Real decreto 1955/2000, Decreto 205/1995, xa mencionados, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria da Coruña, do 3 de maio de 2002, publicada no DOG do 27 de maio, no BOP da Coruña do 28 de maio e no diario La Voz de Galicia do 16 de maio de 2002, e no taboleiro de anuncios do concello de Ribeira (A Coruña).

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Dolores Lema Pérez, comuneira da Comunidade de Monte Veciñal en Man Común San Martín de Oleiros, e outros 84 comuñeiros máis, así como Encarnación Rivas Sampedro e outros 53 afectados máis alegan:

*Que existe indefensión por non ter acceso ó expediente, que o procedemento administrativo non se axusta á legalidade; que transcorrido o prazo para que o conselleiro de Industria e Comercio dicte resolución, enténdese que o silencio administrativo é denegatorio; que se vulnera a lexislación urbanística de aplicación e o planeamento municipal, que se producen danos á necrópole megalítica da zona e ó contorno turístico e patrimonial; que os montes en man común teñen de por si utilidade pública e polo tanto existe concorrencia de utilidades públicas; que existen terreos de dominio público polos que pode instalarse a liña, que a lexislación actual recoñece a posibilidade de instalación de parques singulares, cun maior beneficio social para a zona; que non se produciu acordo con ningún dos afectados e que a instalación do parque eólico non redundará en ningún beneficio socioeconómico para a zona, mesmo podería supo-la perda de postos de traballo ó pecharse a actual planta de coxeración.

Fan as seguintes observacións particulares relativas ás afeccións:

-Carlos Hernández López, en representación de María Laranga Bretal indicando que ela é a propietaria do predio número 22.

-Carmen Millán González e Encarnación Millán González indicando que o predio é propiedade de 4 persoas máis que non foron notificadas.

-Cipriano Sampedro Ayaso, Ricardo Mariño Hermo e Eugenio Fernández Domínguez, indicando que existen unhas cualificacións erróneas do cultivo dos seus predios.

-Juan Sieira Crujeiras indicando que existe un erro no nome do propietario do predio nº 19, posto que aparece a nome de herdeiros de Juan Sampedro Rama.

2. Fins Eirexas Santamaría en representación de Adega-Barbanza presenta alegacións indicando que a instalación do parque vai a afectar negativamente ó contorno megalítico da zona, producirá unha degradación visual da zona, provocará impactos negativos sobre a biodiversidade e sobre o ecosistema do complexo húmido de Corrubedo; que se incumpren as distancias mínimas fixadas pola modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia e das normas urbanísticas do Concello de Ribeira en canto a usos do solo; que a instalación do parque responde a un interese puramente especulativo, posto que Frinsa xa posúe unha planta de coxeración que produce máis enerxía da que precisa para o seu proceso productivo; que nos montes onde se pretende implanta-lo parque concorren outros intereses públicos e existen irregularidades no procedemento administrativo. Xunto coa alegación presenta un informe titulado «Informe sobre a afectación do conxunto megalítico de santo Alberte polo proxecto (modificado) de

parque eólico de Frinsa Eólica, S.A.»

3. José Luis Fernández Lema en representación da A.V.V. Dolmen de Axeitos presenta alegacións indicando que coa instalación do parque eólico se deteriora a paisaxe do Concello de Ribeira; que afectará á necrópole megalítica do Monte San Alberto; que na declaración de impacto ambiental non se valora a incidencia na fauna da zona; que existen aeroxeradores a unha distancia menor de 500 metros de núcleos urbanos minorando a calidade de vida dos veciños, que se antepoñen intereses dunha empresa privada ós intereses de entidades públicas como son o concello e as comunidades de montes en man común, que o promotor non solicitou a declaración de utilidade pública simultaneamente coa autorización das instalacións de acordo co Decreto 205/1995 e 302/2001; que o monte en man común de Oleiros xa ten recoñecida a utilidade pública.

4. Xohán Xosé Fernández Callón, como responsable local do BNG en Ribeira presenta alegacións indicando que o obxectivo do parque eólico é a producción de enerxía eléctrica para unha empresa particular que non redundará en ningún beneficio social para o contorno, prexudicando notablemente a zona do Monte San Alberto; que xa existe un aproveitamento masivo da enerxía eólica que engrosa a can

tidade de enerxía non imprescindible para Galicia, polo que non se pode considerar xustificada a súa utilidade pública por razóns de interese xeral; que o Monte San Alberto xa cumpre unha función de utilidade pública (uso público) que se vería afectado pola construcción do parque; que neste monte existe a ermida de San Alberto que se vería afectada pola construcción do parque e que a construcción do parque afectaría ó contorno natural de Corrubedo incluído na orde da Consellería de Medio Ambiente de 7 de xuño de 2001 como espacio natural en réxime de protección ambiental.

Sétimo.-O 18 de xuño de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Oitavo.-O 15 de xullo de 2002, o promotor solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Monte San Alberto, achegando a documentación requirida polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración e xustificante de ter aboado as taxas.

Noveno.-O 9 de setembro de 2002, Frinsa Eólica, S.A. achegou copia do acordo alcanzado coas comunidades de montes en man común de Oleiros e de Artes.

Décimo.-O 25 de outubro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos, recoñece-lo réxime especial e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Monte San AlbertoRibeira (A Coruña)XY

V1500.4664.715.895

V2500.5304.715.943

V3500.6774.715.764

V4500.8194.715.761

V5501.0484.715.871

V6501.1324.715.824

V7500.9224.715.660

V8500.9244.715.477

V9500.8614.715.460

V10500.6414.715.489

V11500.6014.715.313

V12500.5194.714.972

V13500.5114.714.749

V14500.4474.714.683

NomeMunicipioVértices

V15500.3984.714.395

V16500.2754.714.087

V17500.1404.714.063

V18500.1304.714.176

V19500.1854.714.400

V20500.2044.714.545

V21500.2944.714.701

V22500.3124.714.894

V23500.3234.715.112

V24500.4454.715.329

V25500.5474.715.673

Características técnicas:

Nº de aeroxeradores: 12

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW

Potencia total instalada: 15,6 MW

Altura das torres: 60 metros

Diámetro das pas: 62 metros

Producción neta anual prevista: 37.232 MWh/ano

Investimento previsto: 11.749.786,64 A

* Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor RHZ1 12/20 kV 3x (1x300) mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

* Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 20 MVA e relación de transformación 66/20 kV, liña subterránea de interconexión entre o transformador e as celas de media tensión a 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección e control.

Undécimo.-Manuel González González, presidente da comunidade do monte veciñal en man común da parroquia de Oleiros, Mercedes Martínez Paz e Xohán Fernández Callón, responsable local do BNG en Ribeira, interpuxeron recurso de alzada contra a citada resolución de 25 de outubro de 2002, que foron desestimados por esta consellería con data 17 de marzo de 2003.

Duodécimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Innovación, Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, modificado polos decretos 8/2003, de 18 de xaneiro de 2003, e o

Decreto 23/2003, de 20 de xaneiro, en relación co Real decreto 1995/2000, de 1 de decembro, a Lei 54/1997, de 27 de novembro, e o Decreto 302/2001, de 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. En canto ás alegacións relativas ós impactos paisaxísticos, ruídos, xácigos arqueolóxicos, socioeconómicos e lugares de interese cabe dicir que xa foron obxecto de avaliación na declaración de efectos ambientais.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación, ó que serán oportunamente convocados, incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón das mesmas. Non obstante, será durante o levantamento de actas, ó que serán oportunamente convocados, o momento no que pode demostra-la titularidade delas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

4. En relación coas alegacións formuladas por Dolores Lema Pérez comuneira da Comunidade de Monte Veciñal en Man Común San Martín de Oleiros e outros:

-Segundo o artigo 52 da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio de servidumes de paso.

-En canto á concorrencia de utilidades públicas, cabe dicir que, non se pode analiza-la posibilidade de prevalencia dunha instalación sobre outra, ata que ambas dispoñan da declaración de utilidade pública.

-O proxecto estivo exposto ó público no concello de Ribeira segundo consta no certificado de exposición ó público de data 24-6-2002 e na Delegación Provincial de Industria da Coruña.

-En canto á alegación da liña, esta será tida en conta no seu correspondente expediente.

5. As alegacións de carácter urbanístico non son competencia desta consellería polo que o concello

deberá telas en conta á hora de outorga-la licencia municipal.

6. Non podemos acepta-la alegación referida á distancia dos aeroxeradores ás vivendas, xa que segundo o estudio de impacto ambiental, o nivel de presión acústica recollido estará por debaixo dos límites legais permitidos.

7. En relación coa alegación formulada por Fins Eirexas Santamaría en representación de Adega-Barbanza relativa á distancia mínima fixada pola modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, hai que manifestar que non se poden impoñer estes valores, xa que esta non foi aprobada ata a data.

8. Non podemos acepta-la alegación formulada por José Luis Fernández Lema en representación da A.A. Dolmen de Axeitos xa que tanto o Decreto 205/1995, como o 302/2001 permiten que se solicite conxuntamente a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública pero non impoñen a obriga de facelo.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Monte San Alberto (proxecto modificado nº 1), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2003.

P.D. (Orde do 21-1-2003,

DOG nº 17, do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Conselleria de Innovación,

Industria e Comercio