Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/222-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. Baíña-Cabido.

Situación: concello de Baiona.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., estructurada en dous tramos: o primeiro, de 387 m de lonxitude, desde o último apoio da L.M.T. circunvalación Baiona e remate no apoio 1 do primeiro tramo da L.M.T. aérea Baíña-Cabido e o segundo, de 619 m de lonxitude, con orixe no apoio 6 do primeiro tramo da L.M.T. aérea Baíña-Cabido e remate no apoio 7 do segundo tramo desta. Toda a instalación está situada no concello de Baiona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra