Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico de Dradelo no río Bibei, no concello de Viana do Bolo (Ourense), promovido pola empresa Hidroeléctrica del Liñares, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 31 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico de Dradelo no río Bibei, no concello de Viana do Bolo (Ourense), promovido pola empresa Hidroeléctrica del Liñares, S.L. que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente promovido por Hidroeléctrica del Liñares, S.L., entre a que se atopan os seguintes documentos:

-Estudio de impacto ambiental do A.H. no río Bibei, Salto de Dradelo. Termo municipal de Viana do Bolo. Ourense. Xuño, 2001.

-Proyecto: aproveitamento hidroeléctrico no río Bibei. Salto de Dradelo. Abril, 2000.

-Estudio específico das posibles afeccións do A.H. no río Bibei ó lugar Pena Trevinca. Termo municipal de Viana do Bolo. Ourense. Xullo, 2002.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

En calquera caso, a prelación da documentación é a seguinte:

Declaración.

Estudio específico das posibles afeccións do A.H. no río Bibei ó lugar Pena Trevinca. Termo Municipal de Viana do Bolo. Ourense. Xullo, 2002.

Estudio de impacto ambiental do A.H. no río Bibei, Salto de Dradelo. Termo municipal de Viana do Bolo. Ourense. Xuño, 2001 e proxecto: aproveitamento hidroeléctrico no río Bibei. Salto de Dradelo. Abril, 2000.

a) Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico en réxime de explotación fluínte no río Bibei, no concello de Viana do Bolo, realizándose a captación desde un azude existente neste río, localizado aproximadamente á cota 916 do río, e restituíndo á cota 763.

As instalacións previstas son as recollidas no documento titulado: Estudio específico das posibles afeccións do A.H. no río Bibei ó lugar Pena Trevinca. Termo municipal de Viana do Bolo. Ourense. Xullo, 2002, agás no que respecta á liña de evacuación eléctrica.

No que respecta a esta liña, debido ás súas características, deberá levar un trámite ambiental diferente.

b) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1 Sobre a emisión de po e gases.

1.1.1. De coincidi-las operacións de movementos de terras con épocas de seca, procederase a humecta-las superficies obxecto de remoción, así como os viais de obra susceptibles desta emisión.

1.1.2. Os motores de combustión da maquinaria de obras deberán cumprir cos niveis de emisión de gases estipulados regulamentariamente, debendo dispor de documentación que o acredite.

1.2. Sobre a presión sonora.

12.1. O nivel de presión sonora, tanto na fase de obra como na de funcionamento, cumprirá cos límites dispostos na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica, ou se é o caso, co disposto polo Concello de Viana do Bolo.

2. Protección do solo.

2.1. Delimitarase a zona de obras, e dentro desta sinalizaranse os viais para o paso de maquinaria, a zona seleccionada para parque de maquinaria e almacenamento de materiais, os lugares destinados ó depósito temporal de terras, as zonas de amoreamento da terra vexetal e a localización dos contedores ou elementos destinados á recollida dos residuos ata a súa entrega ó xestor autorizado.

Así mesmo, e no caso de que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural determine a existencia de áreas de exclusión ou de risco, estas tamén deberán delimitarse.

2.2. A existencia destas zonas e os usos permitidos nelas deberán ser postos en coñecemento da totalidade do persoal que realice traballos relacionados coa instalación.

2.3. As superficies destinadas a albergar instalacións auxiliares de obra seleccionaranse considerando o emprego de superficies máis degradadas e con menor necesidade de realizar labores de adecuación.

2.4. Dado que non se ten previsto a reserva dunha zona para a elaboración do formigón, este necesariamente deberá ser provisto dende planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

2.5. Durante as obras de escavación nas que se empreguen explosivos controlaranse as cargas e, se é o caso, disporanse mallas ou outros sistemas que eviten a proxección e rodadura de materiais.

2.6. Nas obras de instalación das conduccións, así como no acondicionamento e execución dos accesos, estabilizaranse as terras removidas, evitando, en todo caso, que se produzan arrastres.

2.7. As tarefas de reparación e mantemento da maquinaria de obras realizaranse en talleres autorizados. Cando isto non sexa posible, debido ás restriccións na circulación por estradas da maquinaria, disporanse os medios necesarios para evitar calquera afección ó medio.

2.8. Tal e como se recolle na documentación a restauración e revexetación das superficies realizarase no menor tempo posible. Mentres non se consoliden estes, e nas zonas nas que exista risco de erosión, adoptaranse medidas complementarias, coidando especialmente este aspecto en períodos de chuvia.

3. Protección das augas.

3.1. Sobre os caudais.

3.1.1. No tramo afectado polo aproveitamento deberá manterse, para poder considerar ambientalmente viable o proxecto, o seguinte réxime de caudais mínimos (m/s):

Out.: 0,40.

Nov.: 0,60.

Dec.: 0,60.

Xan.: 0,60.

Feb.: 0,60.

Mar.: 0,60.

Abr.: 0,60.

Mai.: 0,60.

Xuñ.: 0,60.

Xul.: Nat.

Ago.: Nat.

Set.: Nat.

3.1.2. Instalaranse dispositivos de medida en continuo para o control do caudal derivado e do ecolóxico, que deberán transmiti-los valores obtidos ata un sistema central que manteña unha base de datos en tempo real e un histórico. Este sistema central deberá deixarse preparado para que a Administración poida acceder a través dun ordenador remoto.

Co obxecto de facilita-lo control por parte do Servicio de Gardería, instalarase un dispositivo de aforo mediante regleta, nun lugar perfectamente visible. Na captación, e preferentemente na propia regleta, disporase a transformación das cotas en caudais, obtidas da regresión cota-caudal, para os novos caudais.

Así mesmo, deberá disporse tabulado, nun lugar visible e accesible, o caudal concesional, o réxime de caudais ecolóxicos e a súa distribución polos diferentes elementos.

3.2. Sobre a calidade.

3.2.1. Nos accesos incorporaranse foxos que se rematarán con arquetas que permitan a sedimentación de posibles arrastres. Así mesmo, na saída destas instalaranse sistemas de disipación de enerxía.

3.2.2. Adoptaranse as medidas descritas na documentación ambiental co obxecto de protexe-lo río durante as obras de construcción da toma do azude e da canle de descarga, así como no caso dos cruzamentos das conduccións cas canles. Este aspecto será obxecto dun especial seguimento.

3.2.3. Durante a ampliación e acondicionamento dos accesos adoptaranse as medidas descritas no proxecto (instalación de foxos e balsas de retención) para evita-la vertedura de materiais cara ó río. Nas zonas da traza das conduccións próximas ó curso adoptaranse así mesmo medidas que eviten a chegada de materiais ó río.

3.2.4. De acordo co recollido na documentación ambiental, queda prohibido a lavada de maquinaria ou verteduras ás augas, agás aqueles previamente

autorizados pola Confederación Hidrográfica do Norte.

3.2.5. Tal e como se considera para as augas sanitarias na fase de explotación, durante a fase de obras tamén estas serán xestionadas de forma que se garanta a inocuidade da súa vertedura no medio.

3.2.6. Se durante o período de funcionamento do aproveitamento se producise algunha vertedura que alterase a calidade das augas, deberanse incrementa-los caudais de auga circulante ata acada-lo nivel de dilución suficiente, de xeito que se acaden os niveis de calidade establecidos para augas salmonícolas (táboa do anexo I da Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais que requiren protección ou mellora para seren aptas para a vida dos peixes).

3.2.7. Os dispositivos do sistema oleohidráulico disporán dunha cubeta ou doutro dispositivo que recolla as posibles fugas de aceite.

4. Protección da vexetación.

4.1 Tal e como se recolle na documentación ambiental, durante a fase de elaboración do proxecto constructivo realizarase un inventario detallado dos exemplares arbóreos existentes nos terreos que se van afectar, adaptando o trazado das conduccións co obxecto de minimiza-lo número de pés afectados, e respectando aqueles de maior entidade.

4.2. Previamente á corta de arboredo e á eliminación da vexetación de ribeira obteranse as oportunas autorizacións.

5. Protección da fauna.

5.1. Realizarase a inspección previa prevista á zona de obras co obxecto de realizar un inventario de niños das especies mencionadas na derradeira documentación presentada. Á vista dos resultados obtidos, proporanse as medidas que se consideren oportunas para evita-la súa afección.

5.2. A modificación que se vai efectuar na escala de peixes, así como os dispositivos de protección, deberán ser consensuados previamente coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e recollidos no proxecto constructivo.

6. Protección da paisaxe.

6.1. O edificio da central, tal e como se considera na documentación, integrarase no seu contorno, respectando a tipoloxía constructiva da zona, tanto en materiais como en dimensionamento. Neste senso, considérase máis axeitado o emprego de lousa.

6.2. De acordo co recollido no proxecto, procederase ó revestimento do azude, para integralo no contorno.

7. Protección do patrimonio cultural.

7.1. As medidas que se van adoptar estableceranse con base ó informe que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural realice respecto do estudio sobre o impacto do salto no patrimonio cultural, requirido na documentación adicional desta declaración.

7.2. No caso de que dos resultados desta valoración resulte un informe desfavorable para a instalación do salto, determinarase, para os sós efectos ambientais, a non viabilidade deste.

8. Sobre os residuos.

8.1. O almacenamento temporal de residuos, á espera da súa entrega a xestor autorizado, poderá efectuarse dentro da zona delimitada en lugares previamente seleccionados, dotados dos medios necesarios para garanti-la non afección ó contorno e o cumprimento da lexislación de aplicación. En todo caso, e no que respecta ós residuos clasificados como perigosos, o tempo de almacenamento non excederá dos seis meses establecidos regulamentariamente.

8.2. A xestión de residuos efectuarase conforme os criterios recollidos na documentación ambiental, considerando que:

* Os sobrantes de terras serán depositados en lugares autorizados.

* No caso dos restos de ferralla, plásticos, cemento e demais, considerarase previamente á vertedura a posibilidade da súa reciclaxe ou reutilización.

* Os residuos catalogados como perigosos serán entregados a xestores autorizados.

8.3, Así mesmo, cumprirase co disposto no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, en relación co envasado e etiquetado dos residuos perigosos ata a súa entrega a xestor autorizado.

8.4. Previamente ó inicio da actividade, tódolos residuos de obra deberán terse retirado e xestionado.

9. Restauración e revexetación.

9.1. Das zonas afectadas polas obras.

9.1.1. Restauraranse e revexetaranse a totalidade das superficies de uso non permanente afectadas polo proxecto, tal e como se contempla na documentación avaliada, incluíndo tamén, se é o caso, os emprazamentos de depósito dos sobrantes de terras. Esta restauración, de acordo co xa especificado no punto 2.8 efectuarase progresivamente, a medida que as distintas superficies acaden o seu estado definitivo.

9.1.2. A selección das especies que se van empregar na revexetación efectuarase considerando as especies presentes na zona, de xeito que ó final se acade a harmonización das superficies revexetadas co seu contorno.

9.1.3. A reposición da terra vexetal efectuarase de xeito que se acaden espesores similares ós existentes previamente á execución da obra e considerando as necesidades das especies vexetais que se sementarán e/ou plantarán. No caso de que o volume de terra vexetal amoreada non sexa suficiente para acadar estes obxectivos, os préstamos deberán te-la súa procedencia acreditada.

9.2. Ó finaliza-la fase de explotación.

9.2.1. Limparanse e acondicionaranse os tramos de leito fluvial afectados pola restitución da auga ó seu nivel orixinal e recuperaranse e revexetaranse tódalas superficies afectadas, de xeito que se logre a integración destas superficies co seu contorno.

9.2.2. Así mesmo, e con carácter xeral, procederase ó peche das tomas, baleirado dos conductos, extracción do aceite do dispositivo oleohidráulico e á retirada dos transformadores eléctricos e calquera tipo de substancia ou aparello susceptible de provocar contaminación. Todos estes elementos serán axeitadamente xestionados conforme a lexislación vixente que lles sexa de aplicación.

10. Documentación adicional.

10.1. Previamente á concesión administrativa definitiva, o promotor presentará perante o órgano de conca, quen, pola súa vez, o remitirá a esta dirección xeral para a súa valoración e informe, tres (3) exemplares dun estudio do impacto do salto sobre o patrimonio cultural, que inclúa un inventario exhaustivo do patrimonio arquitectónico-comprendendo as pontes e muíños- e unha prospección arqueolóxica superficial intensiva da zona abranguida polo proxecto, realizada por técnicos competentes con base nun proxecto aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

10.2. Previamento ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano de conca, quen á súa vez o remitirá a esta dirección xeral para a súa valoración e se procede imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven:

10.2.1. Tres (3) exemplares dun documento, asinado polo técnico/s responsable/s, no que:

10.2.1.1. Se desenvolvan as características e se localicen os dispositivos de medida de caudais requiridos no punto 3.1.2 desta declaración e relación cota-caudal para as regletas.

10.2.1.2. Proxecto de modificación do dispositivo de franqueo e dos dispositivos de protección da fauna piscícola.

10.2.1.3. Documento no que se recollan a metodoloxía, resultados e medidas propostas en relación co recollido no punto 0.

10.2.2. Dous (2) exemplares dun documento, asinado polo técnico/s responsable/s, no que se inclúan os seguintes puntos:

10.2.2.1. Memoria na que se xustifique o cumprimento do establecido no punto 2.3 en relación coa selección previa de superficies auxiliares de obra.

10.2.2.2. Xustificación técnica da superficie afectada para a instalación das conduccións, acompañada de perfís descritivos. Terase en conta a medida proposta na documentación de afectar ás superficies estrictamente necesarias.

10.2.2.3. Determinación do sistema de xestión para as augas residuais durante a fase de obras.

10.2.2.4. Plano en planta, a escala 1:1.000 ou maior detalle, referenciado en coordenadas UTM, no que se localicen os elementos indicados no punto 2.1 desta declaración, indicando o punto de vertedura da fosa séptica.

10.2.2.5. Proxecto desenvolvido para a restauración e integración paisaxística, considerando, se é o caso, as zonas previstas para o depósito dos sobrantes de terras. Os planos virán referenciados en coordenadas UTM.

10.2.2.6. Estudio acústico coa forma e contido estipulados polo Decreto 150/1999, polo que se desenvolve o Regulamento de protección contra a contaminación acústica, indicando expresamente a cualificación da zona de acordo co planeamento municipal. Acompañarase de medicións preoperacionais, efectuadas por empresa homologada.

10.2.2.7. Programa de vixilancia ambiental desenvolvido, incorporando proposta de seguimento para o control da presión sonora para a fase de explotación e a adopción das medidas propostas para a protección da fauna. Este programa deberá defini-la totalidade dos controis que se van realizar, a periodicidade de realización dos seguimentos, os indicadores que se empregarán para determina-la existencia de afección, os umbrais de alerta e de risco e as medidas a adoptar no caso de que se superen estes umbrais. Incorporará asemade a identificación do responsable do control do seguimento ambiental, de acordo co requirido no punto 12.3 desta declaración.

10.2.2.8. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia. Acompañarase de definición do emprazamento no que se depositarán, se é o caso, os sobrantes de terras, e da correspondente autorización.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó órgano de conca o resultado desta, non podendo o promotor proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Ó menos 48 horas antes do inicio das obras, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio destas, incoporando cronograma das obras.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Este programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar impactos e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tódolos controis realizados no seguimento e tódalas incidencias producidas rexistraranse no momento do seu control nun libro-rexistro que estará a disposición da Administración competente na materia. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes a remitir a esta dirección xeral.

Tendo en conta o anterior, o promotor deberá presentar perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, coa periodicidade sinalada, dous (2) exemplares, asinados polo técnico/s responsable/s, da seguinte documentación:

11.1. Informe de obras:

11.1.1. Mensualmente presentarase un cronograma actualizado das obras, incluíndo os aspectos relativos á protección da fauna e á restauración e revexetación.

11.1.2. Con carácter trimestral presentarase:

11.1.2.1. Memoria na que se recollan os controis realizados para observa-lo cumprimento do condicionado ambiental, indicando as datas de cada control, de acordo co programa de vixilancia ambiental aprobado. Incorporarase copia das autorizacións para a corta de arboredo e de vexetación de ribeira.

11.1.2.2. Representación, en plano con coordenadas UTM a escala 1:1.000 ou maior detalle, dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referido ós distintos elementos que a conforman, así como o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.

11.1.2.3. Reportaxe fotográfica onde se reflicta claramente o desenvolvemento dos traballos, indicando nestas a data e hora de toma da fotografía.

11.2. Informe fin de obras, presentarase antes de dous (2) meses desde o remate dos traballos:

11.2.1. Representación, en plano con coordenadas UTM a escala 1:1.000 ou maior detalle, de tódolos elementos construídos e as zonas onde se aplicaron medidas protectoras e/ou correctoras. Sinalarase, así mesmo, o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.

11.2.2. Reportaxe fotográfica das zonas afectadas polo proxecto, indicando a data e hora da toma. Nesta, deberá distinguirse claramente os elementos construídos.

11.2.3. Copia do certificado de calibración dos dispositivos automáticos de medida e rexistro dos caudais requiridos no punto 3.1.2.

11.2.4. Memoria das incidencias acontecidas e das medidas adoptadas ó respecto, así como do seguimento ambiental realizado dende a presentación do último informe de obras.

11.2.5. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.3. Informe de seguimento ambiental: a partir da data de inicio da explotación presentarase con periodicidade semestral durante os dous (2) primeiros anos, e anual nos seguintes, a seguinte documentación:

11.3.1. Memoria, coas súas conclusións, na que se recollan os controis realizados para observa-lo cumprimento do condicionado ambiental, de acordo co Programa de Vixilancia Ambiental aprobado. A toma de mostras, analíticas e medicións deberán ser realizadas por entidades homologadas.

11.3.2. Resultados das medicións de caudais realizadas cos dispositivos de medida requiridos no punto 3.1.2 Estes resultados representaranse graficamente (tempo-caudal).

11.4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do aproveitamento, remitirase ó órgano ambiental informe que conteña as accións previstas polo promotor para o abandono, especificando as estructuras que van ser desmanteladas ou cedidas para outras actividades, a restauración e revexetación proxectada para as superficies afectadas e o destino final dos residuos xerados. Este será obxecto de avaliación por parte do órgano ambiental, sendo preciso informe favorable para a súa execución.

11.5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous (2) meses contados desde o final das accións previstas para o abandono, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións de carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos e elementos paisaxísticos, xunto con documento gráfico que reflicta o estado final do lugar.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento desta declaración, o órgano de conca comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta DIA son de cumprimento obrigatorio para o promotor. Nembargantes, este poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no aproveitamento, e sempre e cando as novas medidas propostas, permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarallo á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a través do órgano de conca, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada a presente declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó promotor o acordo adoptado. O promotor non poderá comeza-las obras antes

de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano de conca, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio no proxecto obxecto da documentación avaliada, deberá ser notificado previamente, a través do órgano de conca, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e, se é o caso, aprobará, informando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. O órgano ambiental, para iniciativa propia ou por proposta do órgano de conca, poderá dictar, en calquera intre e para os sos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado actualmente.

12.6. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano de conca por propia iniciativa ou pola solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

12.7. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras, así como para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro. A proposta de aval, que deberá fixa-lo órgano de conca, establécese no 4% do orzamento de execución por contrata.

12.8. O incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes.

12.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

12.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental

para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprimentado este trámite.

ANEXO I

Resumo do proxecto

Aproveitamento hidroeléctrico no río Bibei, promovido por Hidroeléctrica del Liñares, S.L.

As características do salto proxectado son:

* Caudal máximo solicitado: 4,2 m/s.

* Corrente de captación: río Bibei.

* Corrente de restitución: río Bibei.

* Cota do azude: 926 m.s.n.m.

* Cota de restitución: 763 m.s.n.m.

* Salto neto: 146,11 m.

* Turbina: dúas, tipo Francis, de eixo horizontal.

* Potencia máxima: 5.000 kVA.

Os elementos que van constituí-lo aproveitamento son:

* Azude: proxéctase utilizar un azude existente, construído en 1995 (coordenadas UTM: 663.600; 4.661.820).

*Conducto de derivación soterrado a media ladeira, con 5.250 m de lonxitude e 1.800 mm de diámetro.

* Conducto forzado soterrado, con 400 m de lonxitude, cun diámetro de 1.600 mm.

* Edificio da central (coordenadas UTM: 660.150; 4.664.100): con dimensións exteriores de 26x20 m.

En relación cos accesos, na documentación sinálase que:

* Azude: aproveitarase a pista xa existente que parte da localidade de Castiñeiras e que chega ata o lugar de localización do azude, sendo preciso acondicionada nuns 2.000 m.

* Central: realizarase un camiño duns 800 m que, partindo da estrada que une Humoso con Dradelo, descenderá en zig-zag ata o lugar de localización do edificio. Unicamente nos tramos que sexa estrictamente necesario polas fortes pendentes, formigonarase cunha capa de 15 cm de espesor.

Medidas protectoras e correctoras incluídas na documentación ambiental:

* Protección do solo e da cuberta vexetal:

-Adaptación do trazado das conduccións co obxecto de afectar ó menor número de pés arbóreos posible.

-Delimitación da zona de obra ás superficies estrictamente necesarias, impedíndose a circulación da maquinaria e outras labores ligadas á construcción polo resto da área.

-Marcado previo dos pés arbóreos que se van cortar.

-Selección de zonas e vías auxiliares de obras que non formen parte do futuro aproveitamento, delimitación destas e posterior restauración e revexetación.

-Retirada e mantemento da terra vexetal, evitándose a súa compactación por paso de maquinaria ou afeccións por erosión hídrica.

-Estudio das condicións de estabilidade no acceso á central, caracterizado por unha forte pendente.

* Protección das augas:

-Prohibición de efectua-la lavada de cubas de formigón e outras ferramentas nos cauces.

-Planificación das obras de construcción da toma do azude e da canle de descarga de xeito que non se produzan arrastres de sedimentos polo cauce, establecendo, de ser necesario, as medidas oportunas de canalización das augas, balsa de decantación, etcétera.

-Protección dos cauces no seu cruzamento coas conduccións durante as obras: realización das obras durante as épocas nas que se prevexa menor risco de precipitacións, canalización das augas de escorrega durante as obras, canalización das augas mediante pasos sobre o conducto, minimización das afeccións á vexetación de ladeira e inmediata revexetación das zonas afectadas.

-Restitución ó cauce mediante vertedoiro e coeira (en pedra do propio río).

* Protección da paisaxe:

-Na apertura de accesos e modificación dos existentes empregaranse materiais que non supoñan contraste coas gammas cromáticas do terreo.

-A largura de pista non superará os 3,5 m, salvo en situacións moi puntuais e por necesidades excepcionais.

-Reducción ó mínimo das posibles modificacións do terreo, evitando a creación de noiros e terrapléns.

-Reducción ó mínimo das posibles afeccións ós muros de separación de parcelas ou de suxeición de socalcos. En todo caso, os tramos que resultasen afectados serán restablecidos á súa situación orixinal.

-A liña eléctrica irá soterrada inicialmente, restaurándose o solo e vexetación afectados.

-Os solos que poidan resultar manchados con aceites ou fuel, restos de cemento e de formigón e todo tipo de entullo xerable nunha obra será retirado a un vertedoiro controlado apto para este fin.

-Revexetación de noiros e terrapléns.

-Construcción do edificio da central respectando as pautas arquitectónicas da zona. Emprego de pedra, madeira e lousa.

* Protección da fauna:

-Modificación da escala de peixes.

-Instalación de dispositivos de protección da fauna, consistentes en rellas cunha luz de 2 cm, instaladas de xeito que non atrapen os peixes máis pequenos de xeito irreversible.

* Xestión de residuos: efectuarase en función da súa natureza e posibilidades de reutilización.

-A terra vexetal empregarase, na medida do posible, como substrato para a restauración vexetal das superficies afectadas. O resto da terra vexetal e a terra mineral sobrante transportaranse a vertedoiro controlado.

-As rochas provenientes da excavación con explosivos empregaranse, sempre que sexan adecuadas, para a instalación de coeiras de protección de marxes e de disipación de enerxía na canle de restitución da central, así como para a coeira de orientación de fluxo cara á escala no azude. O resto transportarase a vertedoiro controlado.

-A madeira en pé será retirada para a súa posterior venda. A de encofrado retirarase para a súa posterior reutilización noutras obras.

-Os restos de ferralla, plásticos, cemento e demais retiraranse a vertedoiro controlado.

-As posibles verteduras de aceite ou fuel que poideran producirse durante o transcurso das obras serán retiradas xunto co substrato contaminado e transportados a vertedoiro de residuos perigosos.

ANEXO II

Resumo dos informes

-A Dirección Xeral de Turismo emite informe no que conclúe:

-O impacto visual na paisaxe sería moderado.

-Para a realización das instalacións proxectadas deberase ter en conta os puntos:

a) Azude: deberase revesti-lo muro con pedra do país.

b) Conduccións: tódolas conduccións deberán ir soterradas en todo o seu percorrido, incluso a de conexión coa rede eléctrica.

c) Edificio da central: reducción das súas dimensións ó mínimo estrictamente necesario para o seu funcionamento, fragmentación do edificio deseñando un edificio máis orgánico e funcional e buscando unha maior integración co terreo e a orografía circundante, cerramento exterior con fábrica de pedra país (espesor mínimo 15 cm), carpintería exterior, así como a estructura da cuberta en madeira e cuberta de laxas de lousa en bruto ou a granel.

d) Vías de acceso: reducirase á súa lonxitude ó mínimo necesario, así como as modificacións do relevo do terreo, evitando a creación de noiros e terrapléns, a largura non excederá nunca os 3,5 m e,

na medida do posible aproveitaranse ou continuaranse os camiños existentes.

Non obstante o anterior, a instalación da minicentral produciría unha serie de impactos medioambientais negativos, que deberían ser minimizados coa execución do Programa de Vixilancia Ambiental.

-A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe no que destaca a inexistencia de informes baseados en traballos de campo relativos ó impacto do proxecto sobre o patrimonio arqueolóxico, segundo o establecido no Real decreto 1131/1988, de 30 de setembro, referente á execución do Real decreto legislativo de avaliación de impacto ambiental, e no artigo 32 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A zona onde se localiza o proxecto non conta cun inventario exhaustivo de xacigos arqueolóxicos, polo que non se pode establece-lo impacto do proxecto no patrimonio arqueolóxico sen unha prospección superficial previa.

Así mesmo, hai que ter en conta a natureza do rexistro arqueolóxico galego, moitas veces enmascarado por unha tupida vexetación, ou ben cuberto por procesos sedimentarios, polo que non se debe descarta-la posible existencia de xacigos non detectados ata agora.

Por todo iso, considérase conveniente, de acordo co artigo 32 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a realización dun estudio específico do impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural (facendo especial fincapé no patrimonio arqueolóxico), onde sexan establecidas as posibles afeccións neste patrimonio. Neste estudio deberá incluírse unha prospección arqueolóxica, levada a cabo por técnicos competentes, de acordo cun proxecto presentado e autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e o Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia).

Así mesmo, e desde o punto de vista do patrimonio arquitectónico é necesario contar cun inventario exhaustivo do patrimonio cultural da zona afectada, resultado da recollida de información nos catálogos existentes e do traballo de campo, así como a identificación e valoración de incidencias sobre estes elementos e o establecemento das medidas correctoras oportunas, facendo fincapé nos muíños e pontes existentes no río.

Considérase zona afectada, desde o punto de vista arquitectónico e etnográfico, ademais da xerada polas obras (explanacións, acondicionamentos, ...), todo o cauce do río desde o azude ata a central, co obxecto de engloba-los muíños que quedarían afectados pola modificación do caudal.

-A Dirección Xeral de Industria informa favorablemente, sinalando non obstante que se deberá indi

ca-la potencia total instalada e a producción media anual.

-A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable.

-A Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite os seguintes informes:

a) Recibido con data do 29 de outubro de 2002:

Tense recibido documentación complementaria que desenvolve as posibles afeccións ó lugar de Pena Trevinca e as medidas correctoras. Os elementos constructivos que producen impactos medioambientais son o azude, a conducción de derivación, o edificio da central, os camiños de acceso e a liña de evacuación.

Os hábitats afectados polo aproveitamento son:

4030 Breixeiras secas europeas.

4090 Breixeiras oromediterráneas endémicas con aliaga (toxo).

9230 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.

9260 Bosques de Castanea sativa.

91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

O maior impacto é o producido polo conducto de derivación, dado que, polas súas dimensións, afecta a unha maior superficie e variedade de terreos. Segundo a devandita documentación, a conducción discorre soterrada, restaurando a cuberta vexetal. Trázase pola marxe dereita para emprega-los accesos existentes e minimiza-las escavacións, con maior facilidade de execución e, por tanto, menor afección ó medio. A súa colocación require a escavación dunha gabia con afección a unha franxa de terreo de 8,5 m de largura.

Segundo o estudio presentado, a traza da conducción afecta ós hábitats 4030, 4090, 9230 e 9260.

A afección á vexetación de ribeira (hábitat 91E0), que está pouco desenvolvida na zona, é moi reducida, prevéndose unha afección mínima no azude e na central. O azude xa está construído, polo que a afección neste emprazamento non será moi apreciable. Para o acceso ó azude se emprega unha pista existente, acondicionándoa nuns 2 km de lonxitude. O acceso á central é de nova creación, consistente nun camiño de 800 m de lonxitude e de 3,5 m de largura. En ambos casos, aféctase principalmente o hábitat 4030.

A traza da liña de evacuación evitará a afección a hábitats prioritarios, buscando unha mínima afección ás masas arbóreas, realizando o trazado paralelamente a outras liñas existentes e minimizando a súa lonxitude.

As medidas correctoras que se propoñen son as seguintes:

-Respectarase ó máximo o bosque presente na zona, incluída a vexetación de ribeira, non elimi

nando ningún pé arbóreo ou arbustivo que non sexa estrictamente necesario.

-Delimitación das zonas de obra impedindo a circulación de maquinaria polo resto da área.

-Amoreamento de terra vexetal e mantemento en condicións para o seu posterior emprego.

-Apertura de viais de largura non superior a 3,5 m.

-Reducción ó mínimo imprescindible das modificacións do terreo.

-Protección das zonas de cruzamento dos cauces polas conduccións.

-Canalización das augas de escorrega nas zonas de cruzamento das conduccións coas valgadas.

-Restauración de foxos e accesos.

-Vertedura de estériles en zonas aptas.

-Limpeza de solos que poidan resultar manchados por formigóns ou aceites.

-Revexetación de noiros e terrapléns con especies axeitadas. Empregaranse as seguintes densidades: en gramíneas 25 g semilla/m; en arbustos 1 ud/m e en árbores 0,25 ud/m.

-Construccións respectando as pautas arquitectónicas do lugar.

As medidas de protección da fauna consisten na dotación de dispositivos de interdicción e pasos de fauna, así como a correspondente escala piscícola.

O réxime de caudais mínimos proposto nesta nova documentación é de 302 l/s nos meses de novembro, decembro e xaneiro, e de 151 l/s para o resto do ano. Estes caudais son insuficientes, tal e como se especificou en informes anteriores, debéndose mante-lo réxime de caudais ecolóxicos do cadro, en m/s:

Out.: 0,40.

Nov.: 0,60.

Dec.: 0,60.

Xan.: 0,60,

Feb.: 0,60.

Mar.: 0,60.

Abr.: 0,60.

Mai.: 0,60.

Xuñ.: 0,60.

Xul.: Nat.

Ago.: Nat.

Set.: Nat.

Considéranse suficientes tódalas medidas correctoras propostas, téndose dotado das partidas orzamentarias correspondentes. Considérase que a afección ó hábitat 4030 é asumible, por canto afecta a unha mínima parte da súa extensión na zona e é factible a súa recuperación completa nun breve espacio de tempo. En canto a afección ós hábitats de ribeira, esta é mínima, non obstante, debe procederse á reposición do 100% das afeccións, con plantación do número e calidade suficiente das especies arbóreas autóctonas nos tramos afectados.

As afeccións ós hábitats 9230 e 9260 deben minimizarse, repoñéndose na súa totalidade as superficies afectadas, con chantóns de calidade e en cantidade suficiente, repoñendo as posibles marras que poidan acontecer nos dous anos seguintes á súa plantación. Así mesmo, deben repoñerse tódalas especies arbóreas que se eliminen na traza dos camiños e da conducción, con especial atención ás frondosas autóctonas.

b) Recibido con data do 27 de marzo de 2002:

Debido a que o aproveitamento proxectado se atopa na LIC Pena Trevinca da Rede Natura 2000, débese realizar un estudio específico das posibles afeccións ós hábitats que motivaron a creación do mencionado espacio.

Por outra banda, no proxecto constructivo débense detalla-los dispositivos de protección da fauna e os dispositivos de franqueo, previstos na Lei de pesca fluvial, que deben ser consensuados coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

c) Recibido con data do 14 de marzo de 2002:

Infórmase do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Bibei, denominado salto de Dradelo, entre as cotas 916 e 763 msnm, promovido por Hidroeléctrica del Liñares, S.L., cunha solicitude de caudal de 4,2 m/s, e un azude de 3,6 m xa existente, propiedade do Concello de Viana do Bolo e empregado para abastecemento.

A empresa promotora ten realizado un inventario piscícola comprobando a existencia de troita común (Salmo trutta fario), cunha densidade de 0,25 ind/m e unha biomasa de 5,9 g/m, considerando que se trata dunha poboación ben establecida e normal. Estes valores son acordes cos obtidos por esta dirección xeral para a zona en cuestión. Así mesmo, propóñense uns caudais mínimos de 300 l/s (20% do módulo) para os meses de desova da troita común e de 150 l/s (10% do módulo) o resto do ano.

O réxime natural de caudais na zona da pechada da presa vén estimado polos valores do seguinte cadro, en m/s:

Out.: 0,64.

Nov.: 1,22.

Dec.: 3,15.

Xan.: 2,85.

Feb.: 2,77.

Mar.: 2,26.

Abr.: 2,02.

Mai.: 1,39.

Xuñ.: 0,83.

Xul.: 0,42.

Ago.: 0,28.

Set.: 0,17.

As achegas naturais supoñen un módulo de 1,5 m/s, cun caudal medio de estiaxe ó redor dos 0,29 m/s. Analizando os caudais mínimos propostos pola empresa promotora pode compararse que, incluso o caudal de desova é tan só algo superior ó caudal

medio de estiaxe, polo que non é suficiente para a preservación das poboacións piscícolas existentes no tramo e o mantemento do ecosistema fluvial en condicións similares ás preexistentes. Infórmanse negativamente os caudais mínimos propostos por ser manifestamente insuficientes.

Por outra banda, hai que salientar que o aproveitamento proxectado se localiza na LIC Pena Trevinca da Rede Natura 2000, polo que se deberán adopta-las medidas oportunas para estudiar e, se é o caso, corrixi-las posibles afeccións ós valores que motivaron a creación do mencionado espacio.

Este informe acompáñase de informe específico de determinación do réxime de caudais ecolóxicos mínimos entre as cotas 920 e 760 msnm do río Bibei.

ANEXO III

Resumo das alegacións

* Sergio González Bruña, alcalde-presidente do Concello de Viana do Bolo, remite escrito coas seguintes alegacións:

Como punto de partida se quere pór de manifesto que o Concello de Viana do Bolo sempre mantivo unha posición claramente favorable á instalación de minicentrais hidroeléctricas por se tratar dunha actividade dun cualificado interese xeral, sendo ademais o instrumento de producción de enerxía máis respectuoso coa natureza.

Supón unha fonte de producción de enerxía limpa, a explotación de recursos naturais autóctonos de escaso nivel contaminante e agresión medioambiental, e ó ter un custo moderado, o converte nun instrumento adecuado de producción de enerxía para a comunidade galega, onde ademais as condicións hidrolóxicas resultan favorables.

Ademais a minihidráulica non é unha fonte de enerxía consuntiva, xa que se toma a auga nun punto e se devolve noutro próximo a unha cota inferior, sen alteración das súas características fisicoquímicas.

Por outra banda, a construcción de minicentrais hidroeléctricas supón a potenciación das zonas economicamente deprimidas nas que se instala, determina que o aproveitamento de recursos naturais redunde en beneficio da comunidade xa que durante a etapa de construcción se xera unha notable actividade económica no municipio e, posteriormente, pero en calquera caso supón un revulsivo para a economía laboral.

Destacamos por unha banda, a importante repercusión social que deriva da creación de novos postos de traballo, e por outra, o cobramento dos impostos locais, en concreto, o das construccións, instalacións e obras, que grava a realización de obras ou instalacións para os que se esixa a obtención de licencia urbanística, e o imposto de actividades económicas, os cales xeran importantes ingresos para as arcas municipais.

En canto ás posibles consecuencias negativas que se acostuman a argumentar por algúns sectores en contra deste tipo de instalacións, como o impacto medioambiental que a súa construcción produce, ó observarse o disposto nos estudios ambientais presentados, esixibles pola normativa sectorial vixente, se garante a non agresión ós valores medioambientais, paisaxísticos, adoptando unha serie de medidas que fan posible que o impacto medioambiental sexa practicamente nulo, entre outras, instalación de escalas de peixes, soterramento dos conductos, restitución da cuberta vexetal, revexetación con especies autóctonas.

Por todo iso solicita se teñan por efectuadas en tempo e forma alegacións ó expediente ambiental relativo ós proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Bibei.