Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/105-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Garpe Asociados de Ourense, S.L.

Domicilio social: Rúa do 21, nº 9, 32001 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., urbanización sector J (A Valenzá).

Situación: Barbadás.

Características técnicas: liña soterrada a 20 kV de 330 m con orixe na L.M.T. que subministra ó C.T. urbanización Valenzá e mailo C.T. San Bernabé, e despois de alimenta-los CC.TT. proxectados tipo compacto con 630 kVA C.U. denominados C.T.-1 e C.T.-2 na urbanización da Valenzá remata na cela de liña do C.T. San Bernabé. Redes de B.T. derivadas dos CC.TT.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 8 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense