Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre a artesanía de Galicia para o ano 2003. (Expediente 2/2003 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 2/03 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o desenvolvemento dunha campaña publicitaria que se realizará no verán e no mes de decembro, aproveitando as datas do Nadal para procura-la difusión e divulgación da imaxe gráfica da marca Artesanía de Galicia entre a sociedade galega, así como a análise e repercusión que tería no propio colectivo artesanal. O citado obxecto dividirase nos seguintes lotes: lote I: definición e deseño de campaña publicitaria e lote II: realización, seguimento e avaliación da campaña publicitaria.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato relativo ó lote I comezará o día seguinte á sinatura do contrato e rematará os 15 días.

O prazo de execución do contrato relativo ó lote II comezará o día seguinte á súa sinatura e rematará o 30 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 373.275 euros, IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes: lote I: definición e deseño da campaña, 18.000 euros; lote II: realización, seguimento e avaliación da campaña, 355.275 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado para o lote ou lotes ofertados (lote I: 360 euros; lote II: 7.105,50 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2568.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos del contratista.

Clasificación: será requisito para participar nesta contratación que o empresario teña acadada e vixente a clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría d. Nembargantes de conformidade coa disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, tamén serán admitidas, ata que caduquen por razón do seu prazo, as certificacións de clasificación expedidas de acordo coa normativa anterior no grupo III, subgrupo 3, categoría d.

Os empresarios estranxeiros non clasificados acreditarán a súa solvencia económico-financeira e técnica polos medios especificados nos artigos 16 a) e c) e 19 a) e b) respectivamente do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

P.D. (Orde do 21-1-2003, DOG do 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL