De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a incoación do expediente sancionador nº SA-LU-82/03MP acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo.
Noméase instructor do procedemento a Xermán Souto García e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla 70, para presentar prego de descargo e os documentos que estime convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria, en calquera momento da tramitación do procedemento. De non efectuar alegacións no prazo sinalado, este acordo de incoa
ción poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto).
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación.
Lugo, 24 de abril de 2003.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: SA-LU-82/03MP.
Denunciado: Emilio López León.
DNI: 76498306.
Último enderezo coñecido: Carelle, 13-Senín. Sobrado
(A Coruña).
Feitos imputados: transportar dous animais da especie bovina, con data 19 de xaneiro de 2003, no camión matrícula C-1278-AB, carecendo de certificado válido de inscrición do vehículo no servicio de gandería.
Tipificación da infracción:
Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias.
Precepto sancionador: artigo 215 do Regulamento de epizootias.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción posible: multa de 90 euros.