Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai público o Acordo do 21 de febreiro de 2003 sobre a necesidade de avaliación de impacto ambiental do proxecto de instalacións dunha nave para desmantelamento de vehículos-card de VFU, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Automoción La Junquera, S.L. (Clave 2003/0005).

O Real decreto legislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio, establece que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real decreto legislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso. A decisión que deberá ser motivada e pública axustarase ós criterios establecidos no anexo III.

O proxecto tipifícase na categoría de proxectos do anexo II da Lei 6/2001, grupo 9, outros proxectos; letra d) Instalacións de almacenamento de chatarra,

incluídos vehículos desbotados e instalacións de desmantelamento.

A Subdirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo co establecido no artigo 2.3º do Real decreto lexislativo 1302/1986, segundo a redacción dada na Lei 6/2001, do 8 de maio, remitiu á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, con data 22 de xaneiro de 2003, a documentación do expediente, entre a que se atopa o proxecto titulado Proxecto de instalacións dunha nave para desmantelamento de vehículos-CARD de VFU, co obxecto de determina-la necesidade do seu sometemento ó procedemento de avaliación de impacto ambiental.

A actividade do centro de recollida e descontaminación dos vehículos ó final da súa vida útil obxecto desta resolución, desenvólvese no lugar de Perrón-Rubiáns, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, e consiste na recepción, descontaminación, desmontaxe e clasificación das partes e materiais susceptibles de reutilización, reciclaxe ou valorización así como a posterior venda das pezas recuperables. Tanto os residuos producidos na operación de descontaminación como os restos dos vehículos non utilizables serán recollidos por empresas autorizadas.

Considerando os criterios do anexo III da Lei 6/2001 e as seguintes características do proxecto:

-Non se producirán cambios na topografía, uso do solo e cambios en masas de auga no lugar do centro durante a fase de construcción, debido a que xa levan tempo desenvolvendo a súa actividade.

-Non existirá risco de accidente que poida afectar á saúde humana ou ambiental na fase de construcción pola mesma razón mencionada con anterioridade.

-Cumprindo as condicións do Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó final da súa vida útil, non existirá perigo de contaminación das augas subterráneas ou o solo, e non se prevé afeccións das augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico das zonas dos arredores da localización dos proxectos.

-No centro non se levarán a cabo traballos de incineración nin combustión, polo que non emitirán contaminantes perigosos, tóxicos ou nocivos á atmosfera.

-As instalacións non afectan a zonas incluídas na proposta galega de Rede Natura 2000.

Non se deduce a posible existencia de impactos ambientais significativos que aconsellen somete-lo proxecto ó procedemento de avaliación de impacto ambiental.

Polo tanto, en virtude do artigo 1.2º da lei precitada, e tendo en conta o exposto anteriormente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que non é necesario someter ó pro

cedemento de avaliación de impacto ambiental o centro de recollida e descontaminación dos vehículos ó final da súa vida útil obxecto da presente resolución.

Non obstante, esta dirección xeral considera que se deben ter en conta os seguintes aspectos ambientais, ademais das normas xerais de protección establecidas na documentación presentada e doutros requisitos legais esixidos na normativa vixente, para os efectos de evitar posibles impactos ambientais:

1. Toda a instalación deberá dispoñer dun valado perimetral de altura suficiente con elementos que diminúan ou minimicen o impacto visual, consistente nunha pantalla perimetral de carácter vexetal (preferiblemente con especies perennes e de crecemento rápido), para garantir con iso a harmonía co uso dominante primario do solo, sempre e cando non se demostre a inviabilidade desta actuación.

2. A vertedura directa ou indirecta de augas e productos residuais susceptibles de contamina-las augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico deberá contar coa previa autorización administrativa, de acordo co sinalado no artigo 100 do texto refundido da Lei de augas (Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas).

3. No caso de existir calquera tipo de captación de auga deberase contar coa autorización do organismo de conca correspondente.

4. Non se superarán os límites establecidos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), e, se é o caso, o establecido polo propio concello.

5. As instalacións deberán adaptarse ós requisitos técnicos establecidos no Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó final da súa vida útil.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental