1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: subministración e entrega de equipamento para a comunicación de cuadrillas.
2.2. Prazo de execución: trinta días naturais desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento trinta e cinco mil (135.000) euros.
5. Fianza provisional.
2% do orzamento total de licitación: 2.700 A.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento total de licitación: 5.400 A.
7. Variantes.
Non se admitirán variantes.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación e na páxina da Internet:
www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2552
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información:
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
10. Apertura da documentación xeral (sobres A).
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 13.00 horas.
11. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12.00 horas.
12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente