Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.826

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (20/2003).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario del Juzgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas número 20/2003, se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.

En nome de El-Rei,

En Santiago de Compostela, 13 de abril de 2003.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia número 20/2003, no que actuaron como partes, como denunciante Jesús Manrique García Sánchez e como denunciado Manuel García Martínez. E prexudicado a UTE Osebe.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido:

Que debo condenar e condeno a Manuel García Martínez como autor dunha falta do artigo 623.1º do Código Penal á pena dun mes cunha cota diaria de 3 euros, así como as custas procesuais.

E a que indemnice a UTE Osebe na cantidade de 445 euros.

A pena deberá pagarse unha vez firme a presente resolución e de non facerse así nin cobrarse por vía de constrinximento, cumprirá a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal en centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpo-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá

o recorrente pedi-la práctica de pro

bas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practiadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba producise indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Jesús Manrique García Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catorce de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado