Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (883/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, en funcións de secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 883/2002 seguidos por instancia de Silvia López Pérez contra empresa Puertas Alveiro, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 24 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Silvia López Pérez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 3.913,59 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa Puertas Alveiro, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe ó demandante a cantidade de 3.913,59 euros en concepto de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademáis, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mes-

ma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresas Puertas Alveiro, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Xeneral Sanjurjo, 64, bajo, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado