Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (965/2002).

Juan Rey Pita, secretaria do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 965/2002 seguidos por instancia de José Lema Cotelo contra Pesquerías Mar Rey, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25 de abril de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por José Ramón Lema Cotelo contra a empresa Pesquerías Mar Rey, S.L., condeno a mesma a aboarlle-la cantiade de 6.264,94 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0965.02 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pesquerías Mar Rey, S.L., expido e asino o presente edicto na Coruña o 28 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado