Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (65/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño que nos autos de xuízo número 65/2003, seguidos por instancia de Emilio Villasante Fernández contra a empresa Ovimar, E.C., S.L. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. Lugo o vintedous de abril de dous mil tres.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 65/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Emilio Villasante Fernández, acompañado do graduado social Rafael Vila Pereiro e, como parte demandada, a empresa Ovimar, E.C., S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando substancialmente a demanda sobre cantidade interposta por Emilio Villasante Fernández, debo condenar e condeno a empresa demandada Ovimar, E.C., S.L. a lle satisfacer ó demandante a suma bruta de dous mil douscentos noventa e tres euros con oitenta e sete céntimos de euro (2.293,87 euros), polos conceptos expresados no feito probado segundo desta resolución, excluído o de vacacións, cantidade que devengará o xuro anual do 10% computado desde o 27 de decembro de 2002 ata o seu completo pagamento ou liquidación.

Considérase a parte demandante desistida da reclamación de 356,92 euros en concepto de PP vacacións.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria nos termos regulamentarios establecidos, para o suposto de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-65 nº de autos 65/2003, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a can

tidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 65/2003 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de ser a empresa demandada condenada a que o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Ovimar, E.C., S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vintedous de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado