Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.826

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (296/2002-M).

No procedemento de xuízo verbal sobre desafiuzamento máis reclamación de cantidade seguido por instancia de María Teresa Rivas Chouza, representada pola procuradora María del Carmen López de Castro contra María de los Ángeles Alonso Portela, dictouse sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Francisco Javier Romero Costas, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, vistos os autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 296/2002, por instancia de María Teresa Rivas Chouza, con DNI 35916171, representada pola procuradora Mª del Carmen López de Castro e dirixida pola letrada Silvia Hinrichs Álvarez, contra María de los Ángeles Alonso Portela, con DNI 36161310-C, declarada en situación procesual de rebeldía, sobre desafiuzamento de vivenda por falta de pagamento máis reclamación de cantidade, na súa virtude díctanse os seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e resolución.

Resolución: estimando a demanda formulada pola procuradora María del Carmen López de Castro, en nome e representación de María Teresa Rivas Chouza contra María de los Ángeles Alonso Portela, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento con data do 1 de xuño de 2001 existente entre as partes, condenando a demandada a deixar libre e á disposición da demandante o piso de litis no tempo e forma previdos nos artigos 703 e 704 da LAC/2000, apercibíndoa de lanzamento noutro caso, así como ó aboamento á demandante da suma reclamada de 1.137,57 euros e as custas. A suma recoñecida devengará o xuro legal do artigo 576 da LAC/2000 desde a data de interposición da demanda.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LAC). Seguen sinaturas e rúbricas».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María de los Ángeles Alonso Portela, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Vigo, 5 de abril de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA