Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.824

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria extraordinaria de aspirantes a vinculacións temporais de duración inferior ó ano, de persoal estatutario nas II.SS. xestionadas polo Servicio Galego de Saúde na categoría de matronas.

No pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE sobre selección temporal de diversas categorías de persoal nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, aprobado por resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución da División de Recursos Humanos do 11 de febreiro de 2000 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro), recóllese na Norma xeral 6 que, no suposto de indispoñibilidade de aspirantes dunha lista das categorías existentes, poderá fomalizarse unha convocatoria extraordinaria para a selección de aspirantes.

Establécese na norma xeral citada que a relación de aspirantes resultado desta convocatoria extraordinaria será subsidiaria da principal e confeccionarase a través dun procedemento simplificado no que se valorará exclusivamente a formación académica.

Dada a indispoñibilidade de aspirantes da listaxe, tanto na quenda libre coma na de promoción profesional temporal, na categoría de matronas nas distintas áreas de xestión do Servicio Galego de Saúde, que aconsella a formalización dunha convocatoria

extraordinaria nesta categoría, esta División de Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes interesados en presenta-la súa solicitude de inscrición na listaxe da categoría de matronas en tódalas áreas de xestión do Sergas. A dita listaxe confeccionarase en aplicación da Norma xeral 6ª do citado pacto e serán reguladas polas bases contidas neste. Aplicaranse tamén as disposicións que se recollen nesta convocatoria extraordinaria.

Así, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG, os aspirantes deberán presenta-la solicitude no modelo formalizado que se anexa, xuntando os xustificantes dos requisitos esixidos e os méritos da formación académica.

A presentación das solicitudes resulta requisito imprescindible, en tódolos casos, para adquiri-la condición de aspirante inscrito nas novas listas.

O modelo de solicitude facilitarase nas direccións provinciais do Sergas, nos centros hospitalarios e nas xerencias de Atención Primaria.

Será preciso que os aspirantes acrediten con documentos orixinais ou copias fotoestáticas compulsadas os requisitos e méritos presentados, nos termos previstos no baremo que se recolle na disposición terceira desta resolución.

Segundo.-Os aspirantes deberán posuí-la titulación de diplomado en enfermería, coa especialidade de obstrético-xinecolóxica.

Terceiro.-O baremo da formación académica aplicable a esta convocatoria extaordinaria serán os seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos deste epígrafe será de 2 puntos.

1. Estudios de diplomatura de ATS/DUE, asistencia obstrética xinecolóxica (matrona).

a) Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

b) Por cada sobresaliente: 1 punto.

c) Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Por premio fin de carreira: 0,50 puntos.

Cuarto.-Será absolutamente imprescindible para a admisión e, se é o caso, avaliación dos méritos dos aspirantes que se xunten as certificacións acreditativas destes dentro do prazo de presentación de solicitudes. Calquera certificación presentada fóra do indicado prazo será rexeitada e excluída da avaliación, salvo que se acredite documentalmente, xun

to coa solicitude, que foi solicitada dentro do prazo sinalado.

Quinto.-Cada aspirante ós nomeamentos solicitará a súa inclusión nunha soa área de xestión sanitaria e serán chamados para vinculacións de duración previsiblemente inferior ó ano.

No suposto de que, a través dos mecanismos de control, se detectaran duplicidades de solicitudes, serán excluídos inmediatamente os aspirantes incursos nelas.

Sexto.-Os profesionais que se inscriban nesta convocatoria excepcional figurarán ordenados pola puntuación que resulte de aplica-lo baremo recollido na disposición terceira desta resolución.

Sétimo.-Os aspirantes que figuren inscritos na listaxe en virtude desta convocatoria extraordinaria serán chamados para vinculacións temporais de duración inferior ó ano, pola súa orde, e de xeito subsidiario con respecto ós apirantes da listaxe da convocatoria formalizada por resolución desta division de data 28 de decembro de 2001 (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2002).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde