Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.683

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

De conformidade co Decreto 217/2003, do 11 de abril (DOG do 16 de abril) polo que se establece o sistema de cobertura temporal dos postos de traballo vacantes da Administración a través dun sistema de lista única permanentemente aberta, co informe previo da Comisión de Persoal, esta dirección xeral acorda realiza-la convocatoria para a ela

boración das devanditas listas, de conformidade coas seguintes

BASES:

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo das especialidades da Administración especial da Xunta de Galicia que se especifican na base 2ª. A dita cobertura considérase de urxente necesidade mentres non sexan ocupados de forma regulamentaria.

As listas correspondentes ás especialidades obxecto desta convocatoria e que foron elaboradas de acordo cos decretos 89/1997, do 10 de abril, e 70/2000, do 31 de marzo, continuarán en vigor ata a publicación das novas listas definitivas resultantes desta convocatoria.

Base 2ª.-Listas.

Confeccionaranse listas para os corpos e escalas que a continuación se sinalan.

-Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A):

-Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

-Escala de enxeñeiros de telecomunicacións.

-Escala de enxeñeiros de minas.

-Escala de enxeñeiros industriais.

-Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade de arquivos.

Especialidade de bibliotecas.

Especialidade de museos.

-Escala de arqueólogos.

-Escala de químicos.

-Escala de biólogos.

-Escala de arquitectos.

-Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, materia de dereito marítimo e lexislación pesqueira.

-Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B):

-Escala de enxeñeiros técnicos de minas.

-Escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

-Escala de enxeñeiros técnicos industriais.

-Escala de topógrafos.

-Escala de arquitectos técnicos.

-Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade de arquivos.

Especialidade de bibliotecas.

Especialidade de museos.

-Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C):

-Escala de delineantes.

O ámbito territorial será o autonómico para tódalas listas anteriormente mencionadas.

Incluiranse nestas listas os solicitantes que reúnan as condicións para poder inscribirse nelas de acordo co establecido no artigo 8.1º do Decreto 217/2003, do 11 de abril, e a orde de prelación dos solicitantes virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire o artigo 8.2º do mencionado decreto.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo I desta convocatoria.

3.2.1. O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días contados desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.2.2. Desde o día seguinte o da publicación no DOG do anuncio de exposición das listas definitivas desta convocatoria quedará permanentemente aberto o prazo para a presentación de novas solicitudes segundo o establecido nos artigos 3 e 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Base 4ª.-Requisitos e méritos.

1. Neste ano, os solicitantes deberán reuni-los requisitos de titulación e méritos que se sinalan nesta resolución, que deberán posuírse o día da publicación no DOG desta convocatoria. As solicitudes presentadas nos vindeiros anos deberán reuni-los requisitos de titulación e méritos referidos ó día 31 de decembro do ano inmediato anterior á dita solicitude.

Grupo A. Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia.

-Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos. Titulación: enxeñería de camiños, canles e portos.

- Escala de enxeñeiros de telecomunicacións. Titulación: enxeñería de telecomunicacións.

-Escala de enxeñeiros de minas. Titulación: enxeñería de minas.

-Escala de enxeñeiros industriais. Titulación: enxeñería industrial.

-Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade de arquivos. Titulación: licenciado ou equivalente.

Especialidade de bibliotecas. Titulación: licenciado ou equivalente.

Especialidade de museos. Titulación: licenciado ou equivalente.

-Escala de arqueólogos. Titulación: licenciado en xeografía e historia. Rama arqueoloxía.

-Escala de químicos. Titulación: licenciado en químicas.

-Escala de biólogos. Titulación: licenciado en bioloxía.

-Escala de arquitectos. Titulación: arquitecto.

-Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, materia de dereito marítimo e lexislación pesqueira: licenciado en dereito ou licenciado en náutica e transporte marítimo.

Grupo B. Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia.

-Escala enxeñeiro técnico de minas. Titulación: enxeñería técnica de minas.

-Escala enxeñeiro técnico de obras públicas. Titulación: enxeñería técnica de obras públicas.

-Escala enxeñeiro técnico industrial. Titulación: enxeñería técnica industrial.

-Escala de topógrafos. Titulación: enxeñería técnica de topografía.

-Escala de arquitectos técnicos. Titulación: arquitecto técnico.

-Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:

Especialidade de arquivos. Titulación: diplomado universitario ou equivalente.

Especialidade de bibliotecas. Titulación: diplomado universitario ou equivalente.

Especialidade de museos. Titulación: diplomado universitario ou equivalente.

Grupo C. Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia.

-Escala de delineantes. Titulación: delineante.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

2. Igualmente, os solicitantes deberán posuír para os grupos A e B o diploma ou certificado que acredite o grao de perfeccionamento do idioma galego e para o grupo C o grao de iniciación do idioma galego. Só se lles concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderá participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade, que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

-Ter cumpridos os 18 anos e non ter acadada a idade de xubilación.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

No suposto que non acrediten estes requisitos os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI e copia cotexada do título académico requirido nesta convocatoria e o xustificante de ter aboada a taxa por dereitos de inscrición segundo o anexo terceiro. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición, os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberá cubrirse o anexo III. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia debendo cubrirse cos códigos que figuran nel. En relación ás solicitudes rexeitadas definitivamente, os interesados poderán solicitar, de se-lo caso, a devolución de taxas.

O diploma ou certificado polo que se acredite o grao de coñecemento do idioma galego, poderase acreditar xunto coa solicitude ou no momento do chamamento, segundo o establecido no artigo 8.1 do Decreto 217/2003.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 8.2º do mencionado decreto desexen que se lles teñan en conta,

así como o cumprimento dos requisitos esixidos para o corpo, escala que se solicita, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo do anexo II, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estivesen suficientemente acreditados.

Os méritos ós que se refire a alínea c) do artigo 8.2º do referido decreto, servicios prestados na Xunta de Galicia ou noutras administracións públicas no mesmo corpo e escala, acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberá ser emitida polos órganos de xestión de persoal competentes.

No suposto de alegar méritos pola alínea a) do artigo 8.2 (ter superada algunha das probas do último proceso selectivo da Xunta de Galicia), non será necesario que o interesado os xustifique.

Base 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión central de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, á que se refire o artigo 4 do Decreto 217/2003, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderá nomear subcomisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

6.2. Unha vez elaboradas as listas provisionais e definitivas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da Internet da Xunta de Galicia.

Base 7ª.-Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

A orde de prelación nas correspondentes listas dos aspirantes virá dada pola puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:

a) A suma das notas das probas superadas no último proceso selectivo da Xunta de Galicia para o corpo facultativo no que se solicita a inscrición na lista: ata un máximo de trinta e cinco puntos para os grupos A, B, C e vinte puntos máximo para os grupos D e E.

b) Polo último proceso selectivo completo superado de organismos autónomos dependentes da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo ou Consello de Contas, para ese mesmo corpo: 5 puntos.

c) Por cada mes completo de servicios prestados na Xunta de Galicia ou noutras administracións públicas na mesma categoría, corpo ou escala: 0,25 puntos, ata un máximo de 15 puntos.

d) Por cada curso impartido polas administracións públicas, universidades, Inem, formación continua do AFCA (Acordo de Formación Continua para as Administracións Públicas) ou formación ocupacional, relacionado coas funcións que se van desempeñar:

-De 20 a 59 horas: 0,50 puntos/curso.

-De 60 a 99 horas: 0,75 puntos/curso.

-De 100 ou máis horas: 1 punto/curso.

A puntuación máxima deste punto será de 3 puntos.

e) Por cada mes en situación de desemprego: 0,1 puntos computado soamente o tempo transcorrido nesta situación nos dous anos anteriores ó día 1 de xaneiro do ano en que se produza a inscrición. Esta condición acreditarase mediante certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

f) Por cada familiar a cargo do solicitante que non teña rendas: 0,5 puntos ata un máximo de 3 puntos. O que se entenderá segundo as normas do IRPF e será acreditado coa declaración da renda do último período impositivo ou documento de valor análogo.

g) Por cada chamamento pola mesma lista, atendido e rematado sen renuncia ó desempeño do posto: 0,2 puntos, ata un máximo de 3 puntos. Só se terán en conta os chamamentos atendidos polas novas listas elaboradas a raíz da entrada en vigor deste decreto.

De producirse empate na puntuación a orde de desempate será a seguinte:

-Puntuación pola orde das alíneas do baremo.

-Solicitante de maior idade.