Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se fai pública a data e o lugar do comezo da lectura do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 21 de maio de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), acordou que o comenzo da lectura do segundo exercicio da fase de oposición se efectúe na aula 18 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, rúa Madrid 2-4 Polígono das Fontiñas, o día 26 de maio de 2003 ás 17 horas.

De conformidade co disposto na base II.4.2 da convocatoria a orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra S.

De conformidade coa base II.4.5 a publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo exercicio farase nos locais onde se celebre, e dicir, na Escola Galega de Administración Pública.

Convócanse para o día 26 de maio, luns, na referida escola, ás 17 horas:

De Salgado Domínguez, Nuria a Soler-Espiauba López, Juan Antonio.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL