Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 15 de maio de 2003 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade pertencentes ó corpo de aspirantes para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 do texto refundido da Lei hipotecaria, e nos artigos 504 e seguintes do regulamento para a súa execución,

e dando cumprimento ó establecido no seu artigo 508, pola orde do Ministerio de Xustiza 416/2003, do 4 de febreiro, constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e bens inmobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso entre aspirantes aprobados nas últimas oposicións, convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e o decreto da Xunta de Galicia 226/2003, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los señores aspirantes comprendidos na citada orde ministerial, que a continuación se relacionan, para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

1. Magdalena Esperanza Mora González, aspirante número 4, para o Rexistro de Monforte de Lemos (Lugo).

2. Eduardo Rouco Gouzo, aspirante número 11, para o Rexistro de Xinzo de Limia (Ourense).

3. José Luis Alfonso Salar, aspirante número 12, para o Rexistro de Ribadavia (Ourense).

4. Mª Lorena Santamaría Ara, aspirante número 19, para o Rexistro de Celanova (Ourense).

5. Francisco Molina Balaguer, aspirante número 26, para o Rexistro de Becerreá (Lugo).

6. Francisco Javier Fernández Cruz, aspirante número 29, para o Rexistro da Fonsagrada (Lugo).

7. Pedro Alfredo Álvarez González, aspirante número 31, para o Rexistro de Quiroga (Lugo).

8. Sofia Loreto Díaz Hernández, aspirante número 32, para o Rexistro de Ponte Caldelas (Pontevedra).

9. Ana Cristina Nogueira Ramadas, aspirante número 34, para o Rexistro da Pobra de Trives (Ourense).

10. Mª del Rosario Jiménez Rubio, aspirante número 37, para o Rexistro de Bande (Ourense).

11. Antonio Alcántara Martín, aspirante número 38, para o Rexistro de Viana do Bolo (Ourense).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local