Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 21 de maio de 2003 pola que se exclúe do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia da Coruña o monte Corda do concello de Curtis (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se lle transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia da Coruña, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello de Curtis, o monte Corda que figura neste co número 32-B.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela poderase interpor recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, reformada pola Lei 4/1999, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente