Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 13 de maio de 2003 pola que se acorda a cesión da propiedade de determinados automóbiles propiedade da Consellería de Medio Ambiente a favor dos concellos de Bergondo, Ares, Cesuras-Coirós-Oza (Cesuras), Santa Comba e Muxía (A Coruña). Agrupación Abadín-Pastoriza (Abadín), Alfoz-O Valadouro (O Valadouro), Viveiro, Agrupación Rábade-Outeiro-Guitiriz-Friol-Meira-Cospeito (Rábade), O Saviñao, Agrupación Cervo-Burela (Cervo), Agrupación Barreiros-Lourenzá-Trabada (Barreiros), Agrupación Quiroga-Ribas de Sil (Quiroga), Agrupación Taboada-Palas de Rei-Guntín (Taboada), Cospeito (Lugo). Mancomunidade Municipios Terra de Celanova, Mancomunidade do Carballiño, Agrupación Lobios-Muíños (Lobios), Lobeira, A Teixeira, Mancomunidade dos Concellos da Limia, Agrupación Castrelo do Val-Laza (Castrelo do Val) A Veiga, Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense e Agrupación Taboadela-Allariz (Taboadela) (Ourense); Cotobade, A Estrada, Cambados, Redondela, Salvaterra de Miño, Gondomar, Tomiño e A Lama (Pontevedra).

a).

A protección do ambiente e a mellora da calidade de vida dos cidadáns son dous obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia.

Para o cumprimento destes fins é consciente das necesidades de medios materiais e técnicos e a falla de medios económicos que teñen os concellos, a pasada década a Xunta de Galicia estableceu un programa de cooperación coas entidades locais para dotalas de recursos que lles permitisen realizar con éxito as tarefas de recolla e transporte de residuos sólidos urbanos ó vertedoiro ou ecoplanta.

O programa de cooperación coas entidades locais en materia de residuos sólidos urbanos regulouse ó abeiro das ordes do 26 de maio de 1989 (DOG nº 121, do 26 de xuño), 11 de maio de 1990 (DOG nº 97, do 21 de maio), 26 de marzo de 1991 (DOG nº 71, do 15 de abril), 12 de maio de 1992 (DOG nº 106, do 4 de xuño), 25 de maio de 1994 (DOG nº 113, do 14 de xuño) e 26 de setembro de 1996 (DOG nº 189, do 26 de setembro) e co desenvolvemento de convenios de colaboración específicos cos concellos e mancomunidades que así o solicitaron, para a cesión en uso de determinados vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos.

Os concellos de Bergondo, Ares, Cesuras-Coirós-Oza (Cesuras), Santa Comba e Muxía (A Coruña). Agrupación Abadín-Pastoriza (Abadín), Alfoz-O Valadouro (O Valadouro), Viveiro, Agrupación Rábade-Outeiro-Guitiriz-Friol-Meira-Cospeito, (Rábade), O Saviñao, Agrupación Cervo-Burela (Cervo), Agrupación Barreiros-Lourenzá-Trabada (Barreiros) Agrupación Quiroga-Ribas de Sil (Quiroga) Agrupación Taboada-Palas de Rei-Guntín (Taboada), Cospeito (Lugo). Mancomunidade Municipios Terra de Celanova, Mancomunidad do Carballiño, Agrupación Lobios-Muíños, (Lobios), Lobeira, A Teixeira, Mancomunidade dos Concellos da Limia, Agrupación Castrelo do Val-Laza (Castrelo do Val) A Veiga, Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense e Agrupación Taboadela-Allariz (Taboadela) (Ourense). Cotobade, A Estrada, Cambados, Redondela, Salvaterra de Miño, Gondomar, Tomiño e A Lama (Pontevedra), solicitan a cesión en propiedade dos vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos, cedidos

en uso na actualidade.

Con este fin a Consellería de Medio Ambiente tramitou o expediente de cesión dos ditos vehículos, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, engadido pola Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para 1997, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade dos seguintes vehículos a favor dos concellos de Bergondo, Ares, Cesuras-Coirós-Oza (Cesuras), Santa Comba e Muxía (A Coruña). Agrupación Abadín-Pastoriza (Abadín), Alfoz-O Valadouro (O Valadouro), Viveiro, Agrupación Rábade-Outeiro-Guitiriz-Friol-Meira-Cospeito, (Rábade), O Saviñao, Agrupación Cervo-Burela (Cervo), Agrupación Barreiros-Lourenzá-Trabada (Barreiros) Agrupación Quiroga-Ribas de Sil (Quiroga) Agrupación Taboada-Palas de Rei-Guntín (Taboada), Cospeito (Lugo). Mancomunidade Municipios Terra de Celanova, Mancomunidade do Carballiño, Agrupación Lobios-Muíños, (Lobios), Lobeira, A Teixeira, Mancomunidade dos Concellos da Limia, Agrupación Castrelo do Val-Laza (Castrelo do Val) A Veiga, Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense e Agrupación Taboadela-Allariz (Taboadela) (Ourense). Cotobade, A Estrada, Cambados, Redondela, Salvaterra de Miño, Gondomar, Tomiño e A Lama (Pontevedra).

MatrículaConcelloMarcaNº bastidor

C-0490-AYBergondoSematVS11217A7M6E60319

C-0515-AWAbadínRos RocaVSKM1116346422

C-0516-AWValadouro, ORos RocaVSKM1116346336

C-0519-AWViveiro

C-0521-AWRábadeRos RocaVSKM1116346290

C-1487-AVCotobadeRos RocaVSKM1116GLB344538

C-1488-AVA EestradaRos RocaVSKM1116GLB344229

C-1490-AVCambadosRos RocaVSKM111CLB344617

C-1515-AYRamirásSematVS11217A7M7E60326

C-2142-ATRedondelaRos RocaVSKM1116GLB339143

C-2145-ATSalvaterra de MiñoRos RocaVSKM1116GLB338895

C-2147-ATPres. Man. O CarballiñoRos RocaVSKM1116GKB338278

C-2148-ATPres. Man. O CarballiñoRos RocaVSKM1116GKB338027

C-2149-ATPres. Man. O CarballiñoRos RocaVS11217A7KBE60239

C-2152-ATRedondelaRos RocaVS1121717K7E60229

C-2237-AYPres. Man. O CarballiñoRos RocaVSKM1116GMB350043

C-2239-AYLobiosRos RocaVSKM1116GMB350010

C-2240-AYLobeiraRos RocaVSKM1116GMB350010

C-2242-AYA TeixeiraRos RocaVSKM1116GMB350060

C-2243-AYPres. Man. T. CelanovaRos RocaVSKM1116GMB350219

C-2244-AYPres. Man. T. CelanovaRos RocaVSKM1116GMB350026

C-2364-AYGondomarSematVS11217A7M6E60323

C-3373-AVAresRos RocaVSKM1116GLB345633

C-3385-AVPres. Manc. A LimiaRos RocaVSYA17V1GLM079508

C-3636-ATPres. Man. T. CelanovaRos RocaVSKM1116GLB340000

C-3639-ATO SaviñaoRos RocaVSKM1116GLB339482

C-3642-ATCastrelo do ValRos RocaVSKM1116GLB339690

C-3643-ATCervoRos-RocaVS11217A7K7E60237

C-4077-AYCesurasRos RocaVSKM1116GMB350485

C-4079-AYSanta CombaRos RocaVSKM1116GMB350655

C-5382-AVBarreirosRos RocaVSYA17V1GLM079517

C-5383-AVPres. Manc. A LimiaRos RocaVSKM1116GLB346031

C-5387-AVA VeigaRos RocaVSKM1116GLB346079

C-5389-AVPres. Man. T. CelanovaRos RocaVSKM1116GLB345695

C-5390-AVPres. Man. OurenseRos RocaVSKM1116GLB345931

C-5391-AVPres. Manc. A LimiaRos RocaVSKM1116GLB346009

C-5393-AVPres. Manc. A LimiaRos RocaVSKM1116GLB346256

C-5468-AYQuirogaRos RocaVSKM1116GMB350938

C-5470-AYTaboadaRos RocaVSKM1116GMB350885

C-5472-AYCospeitoRos RocaVSKM1116GMB350883

C-5473-AYTomiñoRos RocaVSKM1116GMB350858

C-5476-AYA LamaRos RocaVSKM1116GMB350793

C-6833-ATMuxíaRos RocaVSKM1116GLB339711

C-8407-AYTaboadelaRos RocaVSKL5024SMB351471

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse á recolla e transporte de residuos sólidos urbanos.

b) A cesión, en propiedade, outórgase con carácter definitivo, sen perxuízo do previsto nos parágrafos seguintes.

c) Coa cesión outórgaselle ó concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar ante a xefatura provincial de tráfico os trámites precisos para o cambio da titularidade do vehículo.

d) O concello comprométese a efectua-lo pagamento dos importes debidos en concepto de imposto de circulación.

e) Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado, ou no suposto de alleamento o seu importe non fose reinvestido na adquisición dun ben destinado á mesma finalidade, se se descoidasen ou

utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioración que experimentasen.

f) A Consellería de Medio Ambiente poderá comproba-lo cumprimento das obrigas que leve implícitas a cesión, en virtude das facultades de control e vixilancia da cesión atribuídas no artigo 87 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

g) As entidades locais serán responsables fronte a terceiros de tódolos danos que puidesen derivar directa e indirectamente da utilización dos bens cedidos.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e o órgano competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Consellería de Medio Ambiente , a través das súas delegacións provinciais, realizará os trámites necesarios para a efectividade da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente