Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de abril de 2003 pola que se autoriza o cambio de denominación do CEIP Calvo Sotelo de Ourense.

Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Código do centro: 32009165.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Calvo Sotelo.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria As Mercedes.