De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se lle transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais,
DISPÓN:
Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia da Coruña, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello de Curtis, o monte Saluteira que figura neste co número 32-D.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela poderase interpor recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, reformada pola Lei 4/1999, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente