Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.591

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (779/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo:

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 779/2002, seguidos por instancia de Fernando López López contra a empresa Automoción Alpelo, S.A. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 15 de abril de 2003.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 779/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Fernando López López, acompañado do graduado social Antonio Vázquez López e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Automoción Alpelo, S.A., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda sobre cantidade interposta por Fernando López López, contra a empresa Automoción Alpelo, S.A., debo condenar e condeno a esta a lle satisfacer ó demandante a suma bruta de dez mil cincocentos once euros con oitenta e un céntimos de euro (10.511,81 euros), polos conceptos expresados no feito probado segundo desta resolución, e mailo xuro anual do 10% computado desde a data da actual resolución ata o seu completo pagamento ou liquidación.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria, nos termos legalmente establecidos, para o suposto de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-6 nº de autos 779/2002, que este Xulgado do Social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da r/ San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse

consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 779/2002 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de ser a empresa demandada a que o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Automoción Alpelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o quince de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA