Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Chantada (Lugo).

Adxudicatario: Estación de Autobuses Chantada, S.L.

Canon mínimo: 1.850 euros anuais.

Prazo de adxudicación: 25 anos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados de igual xeito. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición, de se ter interposto este.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes