Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, das obras RC-OU-03.04 e RC-OU-03.05.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto dos contratos.

a) Reforzo de firme na avda. de Buenos Aires, N-120 (A), Ourense.

-Clave do expediente: RC-OU-03.04.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Orzamento base de licitación: cento once mil noventa e oito euros con corenta e un céntimos (111.098,41 euros).

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

-División por lotes e número: non hai.

b) Reforzo de firme na avda. de Zamora, OU-105, Ourense.

-Clave do expediente: RC-OU-03.05.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Orzamento base de licitación: cento corenta e tres mil cento vinteseis euros con vinteseis céntimos (143.126,26 euros).

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

-División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Teléfono: 988 38 62 36.

e) Telefax: 988 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

Así mesmo, tamén se poderá obte-la referida documentación en Papelería Puga, rúa Avenida da Habana nº 34, teléfono 988 23 58 17.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a esixida, no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publi

cación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobres pechados no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, rúa Sáenz Díez nº 1, 32003 Ourense ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administración públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver parágrafo E, do cadro de caraterísticas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar ás 9.30 horas, do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vienda, rúa Sáenz Díez nº 1.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6. constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Ourense, 8 de maio de 2003.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense