Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(86/2003). Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 86/2003 por instancia de María José Romero Gómez contra Confecciones Asturgal, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 23-4-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por María José Romero Gómez, declaro a improcedencia do seu despedimento, condenando a empresa Confecciones Asturgal, S.L. a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 1.743,22 euros, así comoa aboar, en concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión, a cantidade de 3.221,65 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 86-2003 de Banesto desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena de 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión,

durante trámite do procedemento, deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha, por parte demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá cerficiación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Asturgal, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado