Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(105/2003). Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 105/2003 por instancia de Ivan Lampón Ortega, contra a empresa Cos Coruña, S.L., sobre despedimento, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña o 11 de marzo de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 105/2003, seguidos por instancia de Ivan Lampón Ortega, maior de idade, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Cos Coruña, S.L.. que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por Ivan Lampón Ortega, debo declarar e declaro improcendente o despedimento efectuado pola empresa Cos Coruña, S.L., condenando á demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a data da notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que tiña con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 233,70 euros máis, en ámbolos casos, o aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 31,16 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta

de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Cos Coruña, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 23 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado