Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (907/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 907/2002, se acordou a citación de Rosa Batalla Rodríguez, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo Ilmo. Sr. Maxistrado-Xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 907/2002, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Rosa Batalla

Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 4 de xuño de 2003, ás 9.45 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 25 de abril de 2003.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto, que asino na Coruña o vintecinco de abril de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado