Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE OURENSE

EDICTO (25/2001-C).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«En Ourense o once de abril de dous mil dous.

Beatriz de las Nieves Álvarez Casanova, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ourense e o seu partido, vistos os presentes autos de cognición 25/2001, seguidos perante este xulgado, entre partes dunha como demandante Recreativos Ceda, S.A. con procurador Antonio Pérez Fuertes e letrada Margarita Tesouro González e doutra como demandado Juan Diego Chamorro Cabrera, e Evaristo Lourenço Rodrigues con letrado Arturo José Mosquera Diegues o primeiro e declarado en rebeldía procesual Evaristo Lourenço Rodrigues, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador Antonio Pérez Fuertes en nome e representación de Recreativos Ceda, S.A. contra Juan Diego Chamorro Cabrera e Evaristo Lourenço Rodrigues a aboar a Recreativos Ceda a cantidade de catro mil douscentos sete euros con oito céntimos (4.207,08 euros) equivalentes a setecentas mil pesetas (700.000 pesetas) en cumprimento da cláusula penal fixada no contrato de instalación-ex

plotación estipulado con data 25 de setembro de 1997 entre Ceferino González Pérez en representación de Recreativos Ceda, S.A. e Juan Diego Chamorro Cabrera e Evaristo Lourenço Rodrigues Salgado, con aplicación do xuro legal desde a data de celebración do contrato ata a data da presente resolución, e desde esta ata o completo pagamento serán de aplicación os xuros previstos no artigo 921 da LAC de 1881. Con expresa imposición das custas causadas nesta instancia á parte demandada. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que cabe preparación ó recurso de apelación no improrrogable prazo de cinco días contados a partir da súa notificación neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial de Ourense. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Evaristo Lourenço Rodrigues, espídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense o dezaoito de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado