Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (437/2001).

Concepción Albes Blanco, secretaria da Audiencia Provincial de Pontevedra, sección quinta, con sede en Vigo, certifico que na peza de apelación número 437/2001, dimanante do procedemento de que se fixo referencia, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Victoria Eugenia Fariña Conde, José Ferrer González e Inmaculada Valeije Álvarez, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 105/2003.

En Vigo, Pontevedra o catorce de febreiro de dous mil tres.

Visto en grao de apelación perante esta sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, os autos de menor contía 216/1998, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, ós que correspondeu a peza 437/2001, nos que aparece como parte apelante-demandante Francisco Lorente Rivas, representado polo procurador Sr. Álvarez Pazos, e asistido polo letrado Sr. Álvarez Gándara, e como apelantes demandantes, Mercedes Quiñoy Oreja e Sara M. Rozu Rodríguez, representados polo procurador Sr. Fernández González e asistido polo letrado Sr. Iglesias González, e como apelados-demandados Entidade Subilde, representada polo procurador Sr. Marquina Vázquez, e asistido polo letrado Sr. Areses Trapote e José Sampedro Barreiro, representado polo procurador Sr. Quintas Rodríguez e asistido do letrado Juan Griño e Entidade Vigoran, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, e sendo maxistrada relatora Inmaculada Valeije Álvarez, quen

expresa o parecer da sala (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos estimar parcialmente o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Mercedes Quiñoy e Sara Ruzo, contra a sentencia dictada o 26 de abril de 2000 polo Xulgado de Instancia número dez de Vigo, nos autos de xuízo de menor contía seguidos co número 216/1998, ós que se contrae a presente peza de apelación, e desestima-lo recurso formulado pola representación procesual de Francisco Lorente Rivas, no sentido de revogar como

revogamos aquela parcialmente para condenar a Francisco Lorente Rivas e José Sampedro Barreiro a aboaren solidariamente a cada unha das demandantes a suma de 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros), cantidade á que se aplicará desde a data da súa resolución ata o seu pagamento o xuro procesual, e confirma-lo resto dos contidos da sentencia. As custas desta alzada causadas na tramitación do seu recurso impóñenselle ó recorrente que viu desestimadas tódalas súas pretensións e non se fai mención expresa das custas desta alzada causadas na tramitación do recurso de apelación tramitado pola defensa de Sara Ruzo e Mercedes Quiñoy.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial. Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, o cal avisará da recepción. Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á entidade demandada Virogan S.L., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto en Vigo o dous de abril de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE OURENSE