Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.542

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (117/2001).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial accidentalmente da sección terceira da audiencia provincial.

Certifico que no presente recurso nº 117/2001, dimanante dos autos de menor contía 686/1996 do Xulgado de Primeira Instancia número catro da

Coruña, se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Audiencia Provincial. Sección terceira. Juan Ángel Rodríguez Cardama. Presidente, Juan Luis Pía Iglesias, Rafael-Jesús Fernández-Porto García. Na Coruña o cinco de febreiro de dous mil dous. Vistos pola sección terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que na marxe se expresan, estes autos de xuízo de menor contía nº 686/1996, que ante a mesma penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, nos que é parte apelante María del Carmen Bello Ben, Francisco Manuel Fernández Bello, Verónica e Vanesa Fernández Bello, representado polo procurador señor Guimaraens Martínez e baixo a dirección do letrado sr. Yáñez de Andrés; sendo tamén apelante José Antonio Fernández Montero, representado polo procurador Sr. López Valcárcel e baixo a dirección do letrado Sr. Porta Dovalo; e doutra como apelados Juan Manuel Sáenz Chas e José González Robatto, representado polo procurador Sr. Sánchez González; o procurador Sr. Pérez

Lizarriturri en representación de Inés Toca Carus; e o procurador Sr. Pardo Fabeiro en nome e representación do apelado Cerca Grande, S.A., baixo a dirección do letrado Sr. Cortés Cascón; versando os autos sobre indemnización de danos e perdas. Decidimos que, desestimando o recurso de apelación interposto por José Antonio Fernández Montero, e estimando en parte o recurso de apelación interposto por María del Carmen Bello Ben, Francisco Manuel Fernández Bello, Verónica e Vanesa Fernández Bello, ambos contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, de data 19 de maio de 2000, e confirmando no esencial a dita sentencia, debémola revogar e revogámola no só sentido de desestimar expresamente as excepcións de falta de lexitimación pasiva opostas e de fixar como indemnización que satisfarán as partes condenadas en primeira instancia as sumas de 90.151,81 euros, que se aboarán á demandante María del Carmen Bello Ben, de 42.070,84 euros que se aboarán a

Verónica Fernández Bello e 42.070,84 que se aboarán a Vanesa Fernández Bello, máis os xuros das ditas sumas desde a data da notificación desta sentencia ós demandados obrigados ó seu pagamento, e ademais que, en canto ás custas ocasionadas na primeira instancia, cada parte aboará as causadas á súa instancia e as comúns por metade, confirmando integramente o resto dos pronunciamentos da sentencia contra a que se recorreu, e en canto ás custas causadas neste recurso impóñense ó apelante José Antonio Fernández Montero as causadas polo seu recurso, sen que haxa lugar a expreso pronunciamento respecto ó resto das custas ocasionadas nesta instancia. Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Asinado. Juan Ángel Rodríguez Cardama. Juan Luis Pía Iglesias. Rafael Jesús Fernández-Porto García».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación ós apelados en rebeldía José Luis, Fernando e José Silva García,

Varaderos de A Coruña, S.A. e Femer, S.L., expídese a asínase este edicto.

Na Coruña o catorce de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado