Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(105/2003). Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 105/2003, seguidos a instacia de David Bordallo Fernández contra Vermelab, S.L. e outras sobre despedimento, nos que se dictou providencia en data 22-4-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Dada conta, quede sen efecto o sinalamento previsto para o día de hoxe, fíxese novamente para os actos de conciliación e xuízo o vindeiro día tres de xuño ás 10.20 horas, data e hora para a que serán citadas as partes, reiterando as advertencias legais da primeira citación.

Acordou e asinou S.Sª., do que dou fe.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de citación en forma á empresa Counter Lab, S.L. (r/ Gutemberg 34 A, 3º A Coruña) e Clínica Médica

y Laboratorio, S.L. 22 (r/ Zamora nº 48 baixo, Vigo), expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado