O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.
Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña; r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 3 de abril de 2003.
Nazario Villalva Montero
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
Interesado NIF Data dilixencia Descrición do ben
Fernández Heredia, Juan Manuel 32667765Z 20-3-2003 Vehículo matrícula O-0690-AG
Fernández Heredia, Juan Manuel 32667765Z 20-3-2003 Vehículo matrícula C-9283-BF
Fernández Heredia, Juan Manuel 32667765Z 20-3-2003 Vehículo matrícula C-5410-AG