Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.509

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (758/2002-E).

Enriqueta Roel Pernas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 758/2002, por instancia de Graciela Rodríguez Veiga, sobre separación contenciosa se dictou sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Coruña dous de abril de dous mil tres. Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 758/2002, por instancia de Graciela Rodríguez Veiga, representada pola Sra. procuradora

Sra. Prego Vieito, sendo parte demandada Álvaro Miguel Sarmiento Molina, en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Susana Prego Vieito, en nome e representación de Graciela Rodríguez Veiga, contra Álvaro Miguel Sarmiento Molina en situación de rebeldía procesual, debo declarrar e declaro a separación do matrimonio constituído por Álvaro Miguel Sarmiento Molina e Graciela Rodríguez Veiga, que tivo lugar na Coruña o 19 de maio de 2001, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Queda-la filla Agustina baixo a garda e custodia da nai, presentando ámbolos dous proxenitores a patria potestade.

2. Fixar no 25% dos ingresos que, se é o caso, perciba o home, a cantidade que este aboará ó seu consorte, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para a filla, cantidade que ingresará na conta que aquela designe e que será actualizada anualmente con efecto do 1 de febreiro, de acordo coas variacións que experimente o índice de prezos ó consumo.

Non hai lugar ó resto do solicitado.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Álvaro Miguel Sarmiento Molina, en situación de rebeldía procesual, expido este edicto que asino na Coruña o sete de abril de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado