Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.508

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3100/2001).

Eu, Concepción Albés Blanco, secretaria de Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifico que na peza de apelación civil nº 3100/2001, dimanante de autos de xuízo de cognición nº 347/2002, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo, se dictou sentencia co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, Victoria E. Fariña Conde e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia, nº 252/2002.

En Vigo o dezasete de xullo de dous mil dous.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, viu en grao de apelación os autos de cognición 347/2002, do Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo, seguido entre partes, dunha como apelante-demandante, Otero y López Promociones, S.L., representada pola procu

radora Sra. Pérez Nistal e doutra, como apelados-demandados, María del Pilar Gil Curbera, impugnante, representada polo procurador Sr. Estévez Cernadas, Antonio Docampo Lorenzo e María Recuenco Basauri, representados polo procurador Sr. Escudero Estévez, herdeiros descoñecidos e ignorados de Carmen Gil Sequeiros, en rebeldía procesual. Foi maxistrado relator Juan Manuel Lojo Aller, quen expresa o parecer da sala.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decidimos que, desestimando os dous recursos de apelación interpostos polos procuradores sres. Pérez Nistal e Estévez Cernadas, en nome e representación de Otero y López Promociones, S.L. e de María del Pilar Gil Curbera, respectivamente, confirmámo-la sentencia con data do 15 de xaneiro de 2001, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo.

Impóñenselles as custas da alzada ós apelantes.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que xustificará a recepción.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación á peza da sala nº 3100/2001, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lles sirva de notificación ós herdeiros descoñecidos e incertos de Carmen Gil Sequeiros, expido e asino este edicto en Vigo o doce de setembro de dous mil dous.

Rubricado