Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.509

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CAMBADOS

EDICTO (234/2000).

Nos autos de xuízo de cognición seguidos neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cambados co número 234/2000, por instancia de Emilio Gutiérrez Salgado contra Miguel A. Martínez Piñeiro se dictou a resolución desta data que contén o seguinte particular:

Luisa Marina Barrio Calle, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cambados, dou fe de que recaeu sentencia que no

seu encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentencia.

En Cambados o 14 de outubro de 2002.

Vistos por María Teresa Rubio Cabrero, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cambados, os presentes autos de xuízo de cognición 234/2000, promovidos polo procurador Sr. Martínez Melón, en nome e representación de Emilio Gutiérrez Salgado, dirixido polo letrado Javier Lois Bastida contra Miguel Ángel Martínez Piñeiro, en situación de rebeldía.

Decido que con estimación total da demanda interposta polo procurador Sr. Martínez Melón en nome e representación de Emilio Gutiérrez Salgado, debo condenar e condeno a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.633,69 (mil seiscentos trinta e tres con sesenta e nove) euros, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial, así como o pagamento das custas deste procedemento.

E para que conste e sirva de notificación a Miguel Ángel Martínez Piñeiro, expido este edicto en Cambados o 7 de febreiro de 2003.

A secretaria

Rubricado