Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.510

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE SARRIA

EDICTO (259/2000).

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria fai saber que nos autos de xuízo executivo 259/2000 consta a sentencia co encabezamento e a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia. Myriam Feijoo Delgado, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria e o seu partido xudicial, viu estes autos de xuízo executivo 259/2000, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante, Caixa Rural, representada polo procurador Sr. Mourelo Caldas, baixo a dirección do letrado Manuel Portela Álvarez, contra José López López e Nuria Fernández Queralt.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra José López López e Nuria Fernández Queralt ata facer remate dos bens embargados, e co seu importe íntegro pagamento á Caixa Rural de Lugo da cantidade de 3.527,62 euros de principal e os xuros pactados e as custas causadas e que se causen, ás cales condeno expresamente os ditos demandados».

Esta resolución serve de título executivo para os efectos do artigo 549 da LAC. Débese presenta-la correspondente demanda executiva para a súa exacción pola vía de constrinximento.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado no termo de cinco días.

E para que lles sirva de notificación en forma a José López López e Nuria Fernández Queralt, expido e asino este edicto en Sarria o vinteún de abril de dous mil tres.

El secretario

Rubricado