Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.510

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (581/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 581/2002, seguidos por instancia de Mercedes Pailos Castro contra Jorge Antonio Fernández Leiro sobre salarios, nos que recaeu sentencia, en data do 14 de abril de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Mercedes Pailos Castro contra a empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, condeno esta a aboarlle a cantidade de 3.127,88 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta corrente de consignacións código 5.604.0000.60 581-2002 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros, en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, expido e asino o presente edicto na Coruña o 22 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado