Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.436

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (154/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 154/2003 por instancia de Joaquín Manuel Santamaría Santos con

tra a empresa Cos Coruña, S.L. e Fogasa sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña o 11 de abril de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 154/2003, seguidos por instancia de Joaquín Santamaría Santos, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a empresa Cos Coruña, S.L., que non compareceu nos autos; e o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez del Corral, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Joaquín Manuel Santamaría Santos, intervindo o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Cos Coruña, S.L. e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando a empresa a que aboe ó demandante a cantidade de 1.084,16 euros en concepto de indemnización máis 3.084,16 euros por salarios de tramitación.

Notífiqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicacón ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Cos Coruña, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e sino esta cédula de notificación na Coruña o 11 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado