Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.437

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (690/2001-M).

Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous da Coruña, fago saber que por telo acordado o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña nos autos 690/2001-M, por instancia de José Manuel López Boga, contra José Luis Mata Sánchez, sobre salarios, en providencia

do día de hoxe anúnciase a venda en poxa pública que se celebrará o día 23 de maio de 2003 ás nove horas e trinta e cinco minutos na sala de audiencia deste xulgado, sito no primeiro piso do edificio dos xulgados, rúa Monforte nº 1 A Coruña, dos seguintes bens:

Predio rexistrado co número 45.144 sección 01, local comercial sito na rúa Juan Flórez número 49 planta baixa con referencia catastral 8115214NJ4081N0002ST, superficie útil 405 m propiedade de Luis Mata Sánchez con DNI número 32364874-X no tomo 755, libro 755, folio 160, valorada para a poxa en 1.124.307,37 euros.

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están expostas no taboleiro de anuncios do xulgado e no concello.

E para a súa publicación no DOG expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de abril de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial