Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.437

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (870/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que, neste xulgado se seguen autos nº 870/2002, seguidos por instancia de Paula Caínzos Piñeiro contra Confecciones Bagoa, S.A. e outros sobre salarios, nos que se dictou sentencia no 7 de abril de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Paula Caínzos Piñeiro, condeno a empresa Confecciones Bagoa, S.A. a aboarlle a cantidade de 1.768,53 euros, que lle debe polos conceptos reclamados, e condeno os interventores Juan Antonio Vallejo Herranz e Luciano de Dios Teijeira a estaren e pasaren pola presente declaración, absolvendo da demanda o Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Bagoa, S.A., expido e asino este edicto na Coruña o 9 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado